Guía DocenteCurso Facultade de Informática |
Grao en Enxeñaría Informática |
Asignaturas |
Cálculo |
Avaliación |
|
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Cálculo | Código | 614G01003 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Sesión maxistral | Ao longo do curso realizarase una proba escrita cunha cualificación cun máximo do 10% da nota. Os alumnos que non obteñan o máximo da nota correspondente a esta parte, poderán recuperar o que faltaba no exame final. Eventualmente e previo acordo co profesor, o alumno poderá obter este 10% da nota realizando un proxecto vinculado aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). |
10 | |
Proba obxectiva | O exame final, cun valor entre o 40 e o 60% (dependendo da cualificación obtida na parte dos Seminarios) consistirá en realizar unha proba escrita tipo test. | 40 | |
Seminario | Ao longo do curso realizarase unha proba tipo test cunha cualificación máxima do 10% da nota. Aqueles alumnos que non alcancen a cualificación máxima nesta proba escrita poderán recuperar a parte restante ao realizar a proba mixta. Eventualmente e previo acordo co profesor, o alumno poderá obter este 10% da nota realizando un proxecto vinculado aos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). |
10 | |
Prácticas de laboratorio | Realizaranse ata 4 probas de avaliación durante as clases de laboratorio que supoñerán o 40% da nota final. Só os alumnos matriculados a tempo parcial que non fosen avaliados da parte de prácticas de laboratorio poderán realizar unha proba específica para recuperar o 40% da nota correspondente a esta parte. |
40 | |
Observacións avaliación | |||
O alumno acabará o período de clases cun máximo dun 60% da cualificación, que obterá a través de dous controis escritos, un nas sesións maxistrais y o outro nos seminarios (cun peso dun 10% cada un) e das probas de avaliación das prácticas de laboratorio (40%). Nas datas que estableza a Xunta de Facultade, o alumno realizará, por escrito, o exame final da materia. A nota obtida no exame final se reescalará de forma que o alumno teña a oportunidade de recuperar a parte perdida do 20% da cualificación correspondente aos devanditos controis escritos. Non se poderá recuperar a nota correspondente á avaliación das prácticas de laboratorio. Desta maneira, a nota máxima do exame final estará comprendida entre 4 e 6 puntos sobre 10. A proba final correspondente á segunda oportunidade (xuño ou xullo de 2022) rexerase polos mesmos principios que a da primeira oportunidade, non podéndose recuperar a nota correspondente á avaliación das prácticas de laboratorio. A avaliación dos Seminarios e as prácticas de laboratorio dos alumnos con matrícula a tempo parcial poderase realizar atendendo, na medida do posible, ás súas circunstancias particulares. Polo que respecta á convocatoria extraordinaria de decembro, o proceso de avaliación incluirá: a) unha proba obxectiva que puntuará un máximo de seis puntos, b) un exame para avaliar os coñecementos adquiridos nas prácticas de laboratorio, que puntuará un máximo de catro puntos |
|