Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Computación
Coordinación
Santos Reyes, Jose
Correo electrónico
jose.santos@udc.es
Profesorado
Becerra Permuy, Jose Antonio
Bellas Bouza, Francisco Javier
Paz López, Alejandro
Santos Reyes, Jose
Correo electrónico
jose.antonio.becerra.permuy@udc.es
francisco.bellas@udc.es
alejandro.paz.lopez@udc.es
jose.santos@udc.es
Web
Descrición xeral
Na materia de Robótica estúdanse os principais conceptos de robótica autónoma, facendo énfase no deseño automático de estratexias de control. Para iso, o contido da materia parte das estratexias clásicas de control para chegar ás máis actuais baseadas en conceptos da intelixencia computacional, tales como as redes neuronais, os algoritmos evolutivos e a aprendizaxe por reforzo.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios no contido da parte teórica. O único cambio, referente ás prácticas da materia, é que as prácticas se realizan só co simulador do robot e non co robot real.
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
Continúase coa mesma distinción entre clases de teoría e prácticas. As clases de teoría realízanse maioritariamente con vídeos gravados de clases e subidos a Teams. As clases prácticas, co simulador do robot usado na materia, realízanse on- line con Microsoft Teams.
Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Moodle: Déixanse dispoñibles aos alumnos os ficheiros co material usado na docencia (pdfs de clases teóricas, enunciados de prácticas e artigos necesarios para a elaboración do traballo final).
MS Teams: Déixanse vídeos de clases gravadas da parte teórica, que os alumnos poden ver on-line.
Impártense as clases prácticas, coa explicación das prácticas e interacción constante a través do Chat cos alumnos.
As clases teóricas e prácticas mantéñense en MS Teams no horario establecido da materia.
As titorías realízanse maioritariamente por Teams (chat e / ou audio / videoconferencia), ademais de correo electrónico, nos horarios establecidos para elas.
4. Modificacións na avaliación
Non se consideran modificacións con respecto ás indicadas na guía docente.
Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías