Solución de problemas |
A2 B5 B6 C1 |
Participación activa e traballo realizado na resolución de cuestións teóricas e problemas prácticos (de forma individual ou en grupos moi reducidos). A resolución de problemas nestas sesións analizarán aspectos teóricos que terán que ser postos en práctica para a realización do proxecto de avaliación continua |
25 |
A avaliación da primeira e segunda oportunidades será: - 20%: proxecto de avaliación continua en grupos: a valoración desta parte é compartida para todos os membros do grupo. Esta sección avaliará os aspectos teóricos e prácticos estudados nas sesións de resolución de problemas e a implementación en Python.
- 10%: exposición oral do proxecto (todos os membros do grupo deben participar): a cualificación desta parte será individual para cada membro do grupo e terá en conta tanto a descrición do código Python como a análise teórica das técnicas matemáticas usadas para a solución de problemas
- 20%: proba individual para a resolución de problemas con Python: a realización desta proba e a súa cualificación serán individuais. Consistirá na realización dunha serie de problemas onde se usará única e exclusivamente o paquete de cálculo simbólico Sympy a través de ficheiros Jupyter Notebook. Para a realización desta proba, poderase usar todo o material dispoñible (notas, libros e cadernos de Jupyter).
- 50%: proba mixta individual (exame final): a realización desta proba e a súa cualificación serán individuais. Para a realización desta proba, non se dispoñerá de ningún tipo de material.
Para garantir a posibilidade de avaliación de todos os estudantes (tanto na primeira como na segunda oportunidade), sen discriminar a parte dos estudantes que non puidesen ter a posibilidade de poder seguir regularmente o desenvolvemento das actividades desta materia, consideraranse a seguinte forma de avaliación: - As actividades de avaliación continua (tanto o proxecto como a súa exposición oral) avaliaranse en 5 puntos. Polo tanto, cada alumno terá unha nota AC (entre 0 e 5)
- A nota final do exame ponderarase en puntos de 10 - AC (é dicir, se alguén obtivese unha nota de AC = 0 na avaliación continua, o exame final avaliaríase sobre 10 puntos, mentres que ao obter unha nota de AC = 5, o exame o final sería avaliado sobre 5 puntos)
|