Traballos prácticos e solución de problemas
- De acordo
ao artigo 14, apartado 4, da normativa*, o plaxio dos traballos
levará unha nota global de NON APTO (0), tanto ao estudante que
presente material copiado como a quen o facilitase, e a
cualificación de SUSPENSO na convocatoria anual.
- Se as prácticas ou outras actividades se realizaren en grupo, todos os membros do grupo responderán de forma solidaria do traballo realizado e entregado e das súas posibles consecuencias.
Matrícula a tempo parcial
-
Os alumnos matriculados a tempo parcial terán que entregar as
actividades avaliables nas condicións e prazos específicos que se
establecerán. Será obriga do estudante comunicar a súa situación ao
profesorado.
Non presentado
- Quen non concurra á proba obxectiva no período oficial de avaliación terá a condición de “Non presentado” (NP).
*
Normativa de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos
estudos de grao e máster universitario, aprobada polo Consello de
Goberno da Universidade da Coruña o 19 de decembro de 2013.