Materia centrada no modelado de bases de datos. Estudarase o concepto de modelo, os distintos niveis de modelado e a súa importancia no deseño e implementación de bases de datos. No nivel de modelado conceptual, estudarase o modelado de bases de datos utilizando o modelo entidade-relación estendido e UML. Estudaranse os algoritmos para a transformación de modelos conceptuais en modelos lóxicos relacionais, así como os conceptos de dependencia funcional e formas normais, e as súas implicacións na redundancia e integridade dos datos. Finalmente, estudaranse bases de datos NoSQL como, por exemplo, as bases de datos baseadas en modelos crave-valor, documentos, columnas, etc.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán modificacións substanciais sobre o contido da materia, máis aló de adaptacións puntuais debidas a posibles reducións no número de horas lectivas.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Manteranse as metodoloxías docentes previstas. No caso de pasar a un modelo de docencia en remoto, estas metodoloxías desenvolveranse a través de medios telemáticos, como Moodle, Teams e Stream.
*Metodoloxías docentes que se modifican
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A atención ao alumnado realizarase a través das ferramentas de traballo online proporcionadas pola Universidade da Coruña, tras solicitalo o alumnado.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
Manteranse as porcentaxes consideradas inicialmente nesta guía docente de cara á avaliación. En caso de pasar a un modelo de docencia e avaliación en remoto, as actividades de avaliación desenvolveranse online utilizando as ferramentas proporcionadas pola Universidade da Coruña.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se modifican os recursos e/ou bibliografía empregados na materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías