Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información
Coordinación
Eiras Franco, Carlos
Correo electrónico
carlos.eiras.franco@udc.es
Profesorado
Cancela Barizo, Brais
Eiras Franco, Carlos
Fontenla Romero, Oscar
Guijarro Berdiñas, Berta M.
Sanchez Maroño, Noelia
Correo electrónico
brais.cancela@udc.es
carlos.eiras.franco@udc.es
oscar.fontenla@udc.es
berta.guijarro@udc.es
noelia.sanchez@udc.es
Web
Descrición xeral
Nesta asignatura cubriránse os métodos de aprendizaxe automática que abrangue a aprendizaxe profunda (Deep Learning). Daranse a coñecer algoritmos que solventan diversos problemas, como a clasificación, regresión, detección de anomalías e procesado de secuencias. Na vertente práctica, desenvolverase un proxecto que aplique técnicas de aprendizaxe profunda a un caso real.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizan cambios.
2. Metodoloxías
- Mantéñense as metodoloxías. Cámbiase o carácter da proba de avaliación escrita por proba de avaliación realizada de xeito non presencial. Esta proba final é necesaria para realizar unha avaliación individualizada de cada alumno, xa que as prácticas e as tarefas realízanse en grupo.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Toda a atención personalizada realizarase a través das plataformas corporativas da UDC (Teams, correo electrónico, foros de Moodle, etc.)
- Para as titorías, xa inicialmente configuradas en modalidade “non presencial” polo centro, pedirase aos/ás estudantes que soliciten cita aos profesores responsables para realizar videochamadas por Teams dentro dos horarios de titorías do profesorado establecidos en espazos.udc.es.
4. Modificacións na avaliación
- Mantéñense os mecanismos de avaliación, co mencionado cambio da proba escrita, que pasa a ser non presencial. Mantéñense o resto das observacións de avaliación.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizan cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías