O exame computa o 60% da nota e o 40% restante repártese entre as
prácticas e calquera outra actividade avaliable realizada ao longo do
curso. Será necesario acadar un mínimo de 3 (sobre 6, no exame) e un 2
(sobre 4, no conxunto das prácticas e demáis actividades). En caso de non acadar
algún dos mínimos, a máxima nota que se poderá obter é un 4.5.
Se
as prácticas ou outras actividades se levan a cabo en grupos, todos os
membros do grupo serán responsables solidariamente polo traballo
realizado e entregado así como as súas posibles implicacións. Para aprobar a
materia é necesario aprobar todas e cada unha das seccións da
avaliación. Para a segunda oportunidade, manteranse os resultados
obtidos en cada sección (exame e prácticas) da primeira oportunidade
No caso de estudantes a tempo parcial, a falta de asistencia ás clases de prácticas e TGR xustificadas non será penalizada.
O estudante que non concurra á proba obxectiva no período oficial de avaliación, terá a condición de “Non
presentado” (NP).
A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación, unha vez comprobada, implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente