Guía DocenteCurso
Facultade de Socioloxía
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016)
 Asignaturas
  Promoción e comercialización de destinos e produtos turísticos
   Metodoloxías
Metodoloxías Descrición
Traballos tutelados Requiriráselle ao alumnado presencial o desenvolvemento dun traballo de aplicación práctica consistente na realización dun plan de promoción e comercialización dun produto ou destino turístico, cos seguintes obxectivos:

-Efectuar unha aproximación á realidade da actividade profesional no ámbito da promoción e comercialización de produtos e destinos turísticos. Por iso o traballo non poderá presentar elementos de ficción.
-No traballo reflectiranse adecuadamente os contidos conformadores da materia.

O formato do traballo será:

-Soporte dixital e en formato pdf.
-A extensión de cada traballo terá un máximo de 30 páxinas.
-En todo o traballo terá que identificarse as fontes bibliográficas utilizadas e ao final do mesmo incluirase a pertinente bibliografía.

A estrutura tipo do traballo será:
-Introdución
-Descrición e análise do mercado, contorna e competencia para o produto ou destino elixido.
-Definición e análise do público obxectivo
-Delimitación dos atributos do produto/destino
-Posicionamento
-Estratexias de promoción e comercialización
-Plans de acción

A bibliografía recomendada con carácter básico é:
Kotler, P. et al. (2004), “Marketing para el Turismo”, Pearson, Madrid.
Serra, A. (2000), “Marketing Turístico”, Pirámide, Madrid
Bigne, E. et al. (2000), “Marketing de Destinos Turísticos”, Esic, Madrid
Ries, A y Trout, J. (2002), “Posicionamiento”, McGraw-Hill
Elizagarate, V. (2008), “Marketing de Ciudades”, Pirámide.
Alcázar, B. (2002), “Los Canales de Distribución en el Sector Turístico”, Esic
Baack, C. (2010), “Publicidad, Promoción y Comunicación Integral en Marketing”, Pearson

Na modalidade presencial, serán os docentes os que propoñan nos primeiros días de clase os diferentes temas e grupos de traballo.

As entregas de traballos deberán facerse a través do enlace do Campus Virtual habilitado para tal efecto. A data de entrega, exposición e revisión do traballo confirmarase nos primeiros días de clase.
Sesión maxistral Para a modalidade presencial utilizarase unha mestura de clases maxistrais coa posibilidade de discusión de casos reais e exercicios prácticos. Para o mellor aproveitamento da clase faise indispensable a participación activa dos/as alumnos/as, tanto na discusión dos conceptos como dos casos que se traten.

Aquelas dúbidas que se susciten entre o alumnado poderán exporse presencialmente e tamén por correo electrónico e Teams.
Análise de fontes documentais A finalidade desta actividade consiste en desenvolver a visión crítica do alumnado, de forma individual, sobre cuestións relacionadas cos contidos da materia e plasmadas en traballos de carácter fundamentalmente teórico. As lecturas facilitaranse a través do Campus Virtual e a data de entrega coincidirá coa finalización das clases presenciais e en ningún caso poderá atrasarse. O método para entregar a lectura será a través do enlace habilitado no Campus Virtual para tal efecto.

O alumnado deberá traballar e entregar unha das catro lecturas propostas.

Con cada lectura efectuarase por parte do alumnado as seguintes tarefas:
-Síntese do texto
-Procura de referencias bibliográficas que respondan a textos complementarios da lectura proposta.
-Elaboración dunha análise crítica da lectura facilitada, sobre a base da bibliografía complementaria.

O formato do traballo será:
-Soporte dixital é en formato pdf.
-O documento elaborarase en letra Times New Roman, corpo 12, e interlineado 1,5.
-A extensión de cada traballo terá un mínimo de 5 páxinas e un máximo de 10.
-En todo traballo haberá que identificar as fontes bibliográficas utilizadas e ao final do mesmo incluirase a pertinente bibliografía.
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes