Teaching GuideTerm Faculty of Sociology |
Mestrado Universitario en Planificación e Xestión de Destinos e Produtos Turísticos(plan 2016) |
Subjects |
Promotion and commercialization of destinations and tourist products |
Methodologies |
|
|
Identifying Data | 2021/22 | |||||||||||||
Subject | Promotion and commercialization of destinations and tourist products | Code | 615524003 | |||||||||||
Study programme |
|
|||||||||||||
Descriptors | Cycle | Period | Year | Type | Credits | |||||||||
Official Master's Degree | 1st four-month period |
First | Obligatory | 6 | ||||||||||
|
Methodologies | Description |
Supervised projects | Requiriráselle ao alumnado presencial o desenvolvemento dun traballo de aplicación práctica consistente na realización dun plan de promoción e comercialización dun produto ou destino turístico, cos seguintes obxectivos: -Efectuar unha aproximación á realidade da actividade profesional no ámbito da promoción e comercialización de produtos e destinos turísticos. Por iso o traballo non poderá presentar elementos de ficción. -No traballo reflectiranse adecuadamente os contidos conformadores da materia. O formato do traballo será: -Soporte dixital e en formato pdf. -A extensión de cada traballo terá un máximo de 30 páxinas. -En todo o traballo terá que identificarse as fontes bibliográficas utilizadas e ao final do mesmo incluirase a pertinente bibliografía. A estrutura tipo do traballo será: -Introdución -Descrición e análise do mercado, contorna e competencia para o produto ou destino elixido. -Definición e análise do público obxectivo -Delimitación dos atributos do produto/destino -Posicionamento -Estratexias de promoción e comercialización -Plans de acción A bibliografía recomendada con carácter básico é: Kotler, P. et al. (2004), “Marketing para el Turismo”, Pearson, Madrid. Serra, A. (2000), “Marketing Turístico”, Pirámide, Madrid Bigne, E. et al. (2000), “Marketing de Destinos Turísticos”, Esic, Madrid Ries, A y Trout, J. (2002), “Posicionamiento”, McGraw-Hill Elizagarate, V. (2008), “Marketing de Ciudades”, Pirámide. Alcázar, B. (2002), “Los Canales de Distribución en el Sector Turístico”, Esic Baack, C. (2010), “Publicidad, Promoción y Comunicación Integral en Marketing”, Pearson Na modalidade presencial, serán os docentes os que propoñan nos primeiros días de clase os diferentes temas e grupos de traballo. As entregas de traballos deberán facerse a través do enlace do Campus Virtual habilitado para tal efecto. A data de entrega, exposición e revisión do traballo confirmarase nos primeiros días de clase. |
Guest lecture / keynote speech | Para a modalidade presencial utilizarase unha mestura de clases maxistrais coa posibilidade de discusión de casos reais e exercicios prácticos. Para o mellor aproveitamento da clase faise indispensable a participación activa dos/as alumnos/as, tanto na discusión dos conceptos como dos casos que se traten. Aquelas dúbidas que se susciten entre o alumnado poderán exporse presencialmente e tamén por correo electrónico e Teams. |
Document analysis | A finalidade desta actividade consiste en desenvolver a visión crítica do alumnado, de forma individual, sobre cuestións relacionadas cos contidos da materia e plasmadas en traballos de carácter fundamentalmente teórico. As lecturas facilitaranse a través do Campus Virtual e a data de entrega coincidirá coa finalización das clases presenciais e en ningún caso poderá atrasarse. O método para entregar a lectura será a través do enlace habilitado no Campus Virtual para tal efecto. O alumnado deberá traballar e entregar unha das catro lecturas propostas. Con cada lectura efectuarase por parte do alumnado as seguintes tarefas: -Síntese do texto -Procura de referencias bibliográficas que respondan a textos complementarios da lectura proposta. -Elaboración dunha análise crítica da lectura facilitada, sobre a base da bibliografía complementaria. O formato do traballo será: -Soporte dixital é en formato pdf. -O documento elaborarase en letra Times New Roman, corpo 12, e interlineado 1,5. -A extensión de cada traballo terá un mínimo de 5 páxinas e un máximo de 10. -En todo traballo haberá que identificar as fontes bibliográficas utilizadas e ao final do mesmo incluirase a pertinente bibliografía. |
|