Mestrado Universitario en Políticas Sociais e Intervención Sociocomunitaria
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
2º cuadrimestre
Segundo
Obrigatoria
3
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Non presencial
Prerrequisitos
Departamento
Socioloxía e Ciencias da Comunicación
Coordinación
Perez Carames, Antia
Correo electrónico
antia.perez@udc.es
Profesorado
Perez Carames, Antia
Correo electrónico
antia.perez@udc.es
Web
Descrición xeral
O "Taller de actualización e transferencia" ten un carácter de materia experimental e busca completar a formación do alumnado no mestrado por dúas vías: a) a oferta de formación complementaria a través dunas xornadas e a selección por parte do alumnado de formación que peche o seu ciclo formativo (para o cal se remite información da oferta existente); e b) a posta en común das investigacións realizadas polo alumnado no seu TFM e a propia retroalimentación entre o alumnado para mellorar aspectos do seu traballo.
Plan de continxencia
Esta materia impártese tanto de xeito presencial como non presencial debido ao feito de que o Máster no que se inclúe ten ambas as dúas modalidades. Deste xeito, o tema xa está organizado tanto presencial como non presencial.
1. Modificacións nos contidos
Sen cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Foros de debate na plataforma Moodle
*Metodoloxías docentes que se modifican
As clases presenciais suprímense, e o alumnado que cursa a materia na modalidade presencial cambiará á modalidade online
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
A docencia adaptarase ás necesidades tecnolóxicas do alumnado presencial no caso de que teña que cambiar de modalidade
4. Modificacións na avaliación
Sen cambios
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías