As
cualificacións finais serán o resultado da suma de 2 bloques de notas:
a.- Un exame por
escrito ao final do curso, que aportará o 60% da nota. Non presentarse ao exame final
comportará a cualificación de "Non Presentado" na materia.
b.- A participación
en clase aportará conxuntamente ata un 40% da nota, desglosada en dous conceptos:
participación activa en clase (25%); e traballo
tutelado por grupos (15%).
Se un membro do grupo non asiste a presentación oral o
día sinalado, non poderá recibir cualificación por este concepto.
As normas de avaliación da primeira oportunidade manteranse para a segunda oportunidade de xullo. Caso de que o estudante non se
presentase a exame ou non superase a convocatoria de xuño, as cualificacións
correspondentes ao concepto “b” (participación en clase e
traballo colectivo) gardaranse para a convocatoria de xullo.
UNICAMENTE para
aqueles alumnos/as que se acollan ao recoñecemento de dedicación a tempo
parcial e dispensa académica de exención de asistencia, a cualificación final
dependerá exclusivamente da proba obxectiva baseada nun exame por escrito ao
final do curso, que aportará o 100% da nota.