OPORTUNIDADES DE AVALIACIÓN:
Primeira oportunidade: aplicaranse os criterios de avaliación
indicados anteriormente nesta sección.
Segunda oportunidade: os criterios de avaliación son os mesmos
para todas as oportunidades de avaliación. Na avaliación da segunda oportunidade
(artigo 18, sección 5, das Normas de avaliación, revisión e reclamacións de
cualificacións de estudos de grao e máster) os estudantes terán a oportunidade
de realizar unha proba final, consistente nun cuestionario mixto, equivalente
ao 100% da avaliación, na que os estudantes deberán demostrar que acadaron as
competencias da materia.
Convocatoria adiantada: as condicións de avaliación da
oportunidade adiantada (art. 19 das Normas de avaliación, revisión e
reclamacións das cualificacións dos estudos de grao e mestrado) serán
específicas para esta oportunidade. Avaliarase mediante unha proba mixta que representará o 100% da nota final.
---
Modalidade presencial: O exame terá un peso do 80% na nota final, e a asistencia con participación activa (20% da nota final). A asistencia a clase para o alumnado en modalidade presencial é unha parte da avaliación.
Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa
académica de exención de asistencia: os estudantes con recoñecemento
de dedicación a tempo parcial, aínda que estean exentos de asistencia, serán
avaliados cos mesmos criterios que os estudantes a tempo completo.
Modalidade NO
PRESENCIAL: O alumnado en modalidade non presencial será avaliado da seguinte forma: examen final da materia a través dun exame completo que será o 100% da nota final.