Guía DocenteCurso Facultade de Socioloxía |
Grao en Socioloxia |
Asignaturas |
Metodoloxía da investigación por enquisas |
Avaliación |
|
|
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Metodoloxía da investigación por enquisas | Código | 615G01303 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Terceiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Investigación (Proxecto de investigación) | A5 A7 A8 A9 A13 A14 A15 A16 A17 A20 A19 A21 A24 A27 A34 B27 B26 B23 B21 B18 B17 B13 B12 B10 B7 B6 B5 B4 B3 B2 B1 C1 C3 C4 C6 C8 | O proxecto de investigación realizarase en grupo Fixarase unha data límite para a entrega do proxecto de investigación. Non se admitirá o proxecto de investigación para avaliación fóra de prazo. O proxecto de investigación solicitaráse en formato dixital. |
30 |
Prácticas de laboratorio | A5 A7 A8 A9 A13 A14 A15 A16 A17 A18 A19 A21 A24 A27 B25 B23 B21 B18 B13 B12 B10 B7 B6 B5 B4 B2 B1 C1 C3 C4 C6 | Valorarase a asistencia ás prácticas de laboratorio e a participación activa do estudantado nas actividades que se propoñan. Fixarase unha data límite para a entrega de cada unha das prácticas. Non se admitirán as prácticas para avaliación fóra de prazo. As prácticas solicitaranse en formato dixital. |
30 |
Proba obxectiva | A5 A7 A14 B1 B3 B5 B6 B21 C1 | Realizarase unha proba obxectiva co contido teórico da materia, nas datas oficiais aprobadas en Xunta de Facultade. A porba constará de preguntas tipo test e preguntas de resposta curta. |
40 |
Observacións avaliación | |||
Todas as actividades, tarefas e traballos a realizar ao longo do cuadrimestre contabilizan para a nota final. As prácticas e o traballo de investigación realizaranse ao longo do cuadrimestre e a proba obxectiva (exame) na data oficial de primeira convocatoria. Tanto as prácticas como o traballo de investigación tutelado serán entregados nas datas marcadas polas profesoras, non se corrixirá ningunha práctica fóra de prazo. O traballo tutelado só corrixirase unha vez tras a data de entrega (non haberá segunda corrección), o/a alumno/a xa conta coas instrucións e a guía das profesoras nas sesións interactivas e nas titorías Para aprobar a materia é necesario aprobar tanto os traballos tutelados e prácticas (60%) como o exame (40%). A nota mínima para superar cada unha das partes é un 5 (aprobado) Gardarase a nota da parte superada para a segunda oportunidade. No caso de non superar unha das partes na primeira convocatoria, constará a cualificación da parte suspensa. Para superar a parte práctica na segunda oportunidade deberán entregarse as actividades e/ou traballo de investigación suspensos ou non presentados. A data e horas límite de entrega serán as mesmas que as do exame oficial de segunda oportunidade. Para superar a parte teórica en segunda oportunidade deberá realizarse a proba obxectiva, nas datas oficiais. Aqueles/as alumnos/as con dispensa ou recoñecemento de dedicación a tempo parcial deberán contactar coa profesora responsable da materia ao comezo de curso. A parte práctica será avaliada por medio dun traballo de investigación individual (diferente ao do alumnado presencial), que suporá o 60% da nota. As instrucións para a súa realización estarán a disposición na Aula Virtual da Materia. A avaliación da parte teórica será nas mesmas condicións que o alumnado presencial. As condicións de avaliación para o alumnado de oportunidade adiantada, serán as establecidas para o alumnado non presencial: A parte práctica será avaliada por medio dun traballo de investigación individual (diferente ao do alumnado presencial), que suporá o 60% da nota, e a avaliación da parte teórica coa realización da proba obxectiva. O sistema de avaliación para o alumnado dos programas de intercambio será o mesmo que para o resto dos e das estudantes. Os materiais utilizados nas sesións: presentacións, audiovisuais, lecturas e prácticas tamén serán postos a disposición do/a alumno/a en formato dixital a través da plataforma Moodle. Os traballos e prácticas entregaranse en formato dixital a través da ferramenta habilitada na Aula Virtual, sen necesidade de imprimilos. Tanto nos contidos como no sistema de avaliación atenderanse ás recomendacións de axustes razoables propostas pola Unidade de Atención á Diversidade (ADI) no caso do alumnado con diversidade funcional ou NEAE, proporcionadas pola Coordinación do PAT do centro. |
|