Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán modificacións nos contidos. O material estará a disposición do alumnado na Plataforma Moodle.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral: As sesións maxistrais (exposición orais) realizaranse no horario previsto. Se celebrarán de maneira síncrona a través da Videoconferencia de Teams, pero serán gravadas e subidas tamén á Aula Virtual, xunto co material (presentacións, lecturas, outro material audiovisual) correspondente a cada tema, de xeito que teñan acceso de forma asíncrona aqueles alumnos con problemas de conectividade. A interacción co alumnado (participación e debate), manterase de maneira síncrona a través da videoconferencia ou chat de Teams e asíncrona habilitándose tamén Foros Virtuais de Moodle.
- Traballo de investigación: Realización dun traballo en grupo, de carácter empírico relacionado coa temática da materia. As explicacións se farán de maneira síncrona a través de Teams e asíncrona subindo a explicación xunto co material correspondente na Aula Virtual. As dúbidas resolveranse nas clases virtuais a través de Teams ( cuxa gravación tamén será subida a Moodle), e no Foro Virtual habilitado para esta metodoloxía concreta. Os alumnos/as tamén poderán solicitar titorías grupais que se levarán a cabo por Teams.
- Prácticas de laboratorio: Realización de actividades prácticas (de carácter grupal ou individual) nas que se combinan diferentes probas, trátase de prácticas sobre un tema específico, realizadas co apoio e supervisión das profesoras da materia. Explicaranse a través de Teams de maneira síncrona, pero a explicación será gravada e subida a Aula Virtual. A entrega de prácticas será a través dos recursos dispoñibles en Moodle.
- O exame se realizará utilizando as ferramentas e recursos telemáticos dispoñibles para o alumnado.
*Metodoloxías docentes que se modifican: non se modificarán as metodoloxías, pero se adaptarán á non presencialidade de maneira virtual, e se incorporarán Foros Virtuais (que non computarán para avaliación)
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado: Estableceranse diferentes canles de comunicación directa co alumnado, a través das ferramentas e recursos que teñen a súa disposición: Teams, Correo electrónico, Moodle ou Teléfono (alumnado con limitacións de conectividade). A atención desenvolverase no horario semanal de titorías establecido polos docentes, en titorías grupais a concretar co alumnado, nas sesións virtuais síncronas, nos foros virtuais de Moodle
4. Modificacións na avaliación: Non se realizarán modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación: Manteranse as mesmas observacións
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Non haberá variacións no material nin na bibliografía. O esixido aos alumnos/as estará dispoñible na Aula Virtual, en situación de presencialidade.
|