O sistema de avaliación da materia basearase nun 100% na avaliación continua. De tal xeito que os estudantes serán calificados en base ós seguintes criterios de avaliación: 1) entrega de actividades prácticas e traballos realizados nos talleres sobre os contidos teóricos abordados na materia (85% da calificación final); b) presentación oral dalgunhas das actividades realizadas (15% da calificación final).
Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación, de modo que os estudantes terán a posibilidade de aprobar e de acceder ó 100% da calificación na materia en todas as oportunidades de avaliación.
Calificación de non presentado: Corresponde ó estudante cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ó 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación alcanzada.
Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Os estudantes deberán comunicar esta circunstancia á profesora ó comezo do curso para acordar un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.
Sistema antiplaxio: A profesora reservase o dereito de non evaluar traballos que presenten plaxio no seu contido (todos os traballos entregados no marco da materia someteranse ó programa antiplaxio Turnitin).