O obxectivo xeral desta materia é dotar aos estudantes dos coñecementos que lles capaciten para identificar, xestionar e avaliar a importancia do capital humano na empresa actual. Nesa liña, levarán a cabo o estudo de cómo se integra a función de RRHH na dirección das empresas, así como o deseño e aplicación dos diferentes plans estratéxicos e operativos encamiñados a potenciar o capital humano, tanto dende un punto de vista teórico como práctico.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos:
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías:
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
- Sesión maxistral (non computa na avaliación).
- Obradoiro (computa na avaliación).
- Presentación oral (computa na avaliación).
*Metodoloxías docentes que se modifican:
- Ningunha. Tódalas metodoloxías docentes poden manterse nunha situación de continxencia a través dos mecanismos técnicos establecidos para a atención personalizada do alumnado.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado:
- Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguemento das actividades prácticas e dos traballos tutelados.
- Campus Virtual: Diariamente. Segundo a necesidade do alumnado para formular consultas, acceder ós materiais necesarios para o desenrolo da materia, así como para a elaboración das actividades prácticas e traballos.
- Teams: Sesións semanais (tantas como demande o alumnado) para: a/ comprobar o avance nos contidos teóricos da materia; b/ facer un seguimento e proporcionar apoio na realización das prácticas e traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación:
- Ningunha. Se manterá o sistema de avaliación baseado nun 100% na avaliación continua, de maneira que os estudantes serán calificados en base os criterios establecidos na Guía Docente:
a) entrega de actividades prácticas e traballos realizados nos talleres sobre os contidos abordados na materia (85% da calificación); b) exposición oral dalgunhas das actividades realizadas (15% da calificación).
Asemesmo, se valorará das actividades e traballos presentados:
- A profundidade, reflexión e capacidade crítica.
- O dominio das fontes utilizadas.
- O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
- A ausencia de plaxio no contido.
*Observacións de avaliación:
- Mantéñense as mesmas que figuran na Guía Docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios xa que os estudantes disporán de todos os materiais necesarios para o seguemento e desenrollo da materia no Campus Virtual.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías