Ciencias da Computación e Tecnoloxías da Información Computación
Coordinación
Santos López, Iria María
Correo electrónico
iria.santos@udc.es
Profesorado
Santos López, Iria María
Correo electrónico
iria.santos@udc.es
Web
Descrición xeral
O obxectivo da materia é coñecer tanto os fundamentos como as ferramentas necesarias asociadas a dous aspectos moi importantes hoxe en día en numerosos proxectos audiovisuais: a creación web e o manexo de información multimedia. Dende un punto de vista práctico, o obxectivo principal desta materia é dar a coñecer ao alumnado a existencia de ferramentas que facilitan o deseño e permiten a optimización do material a publicar, sen esquecer os aspectos teóricos e de fundamentos.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modificarán os contidos da materia
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Sesións maxistrais
Traballos tutelados
*Metodoloxías docentes que se modifican
Prácticas de laboratorio: realizaranse a explicación da materia adaptada á comunicación en liña
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Utilizarase a ferramenta Moodle con normalidade, onde se engadirá todo o material necesario para poder desenvolver con normalidade o curso.
Tamén se empregará a ferramenta Microsoft Teams para realizar reunións semanais mantendo o horario da materia. Ademais, terán lugar a través desta ferramenta as titorías semanais colectivas e/ou individuais que se acorde co alumnado.
4. Modificacións na avaliación
Non se realizarán modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Mantense o material de referencia empregado
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías