Nesta materia introdúcese o alumno nos conceptos e técnicas básicas para a animación de obxectos tridimensionais. Nela, o estudante adquire xunto cos coñecementos teóricos a práctica na animación de obxectos ou personaxes non humanoides utilizando as diferentes técnicas existentes.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se modifican os contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
As sesións serán realizadas por videoconferencia usando Teams, serán gravadas e aloxadas en Microsoft Stream. Ademais, os estudantes poden acceder aos vídeos, pdfs e un exemplo práctico de aplicación do tema correspondente a través de Moodle. Todas as dúbidas que xorden serán resoltas en clase a través de Teams (chat e voz).
*Metodoloxías docentes que se modifican
A presentación das tarefas prácticas, a resolución de dúbidas das mesmas, así como o seguimento dos traballos tutelados realizaranse de maneira en liña.
- Taller: os estudantes realizarán as prácticas propostas nas súas computadores e serán tutorizados e avaliados por videoconferencia usando Teams (escritorio compartido, chat e voz).
- Traballos tutelados: o seguimento deste traballo realizarase a través de Teams (escritorio compartido, chat e voz) e o correo electrónico.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Titorías en liña para aclarar conceptos teóricos e axudar a resolver os problemas que teñan lugar durante a realización dos traballos prácticos e tutelados previo solicitude por parte do alumnado. Utilizarase: - Correo electrónico: diariamente, para facer consultas e solicitar reunións de titorías. - Moodle: diariamente, o foro de Moodle utilizarase para comunicar información, enviar avisos e para as dúbidas xerais. - Teams: nos horarios asignados á materia para as clases teóricas e prácticas; e para facer titorías individuais a pedimento do alumnado.
4. Modificacións na avaliación
Non existen modificacións na avaliación. As entregas de tarefas prácticas e traballo tutelado realizarase a través de Moodle segundo o cronograma da materia que se entregará aos estudantes o primeiro día de clase.
*Observacións de avaliación: mantéñense as mesmas da guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizan cambios. Os alumnos dispoñen de toda a documentación necesaria en Moodle e en Microsoft Stream.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías