Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Comunicación |
Grao en Comunicación Audiovisual |
Asignaturas |
Prácticas |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Prácticas | Código | 616G01045 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Cuarto | Optativa | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A1 A2 A3 A5 A6 A7 A10 A11 A12 B2 B3 B4 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C4 | O/a titor/a da empresa elaborará un informe final, no modelo oficial da UDC, a fin de valorar as competencias adquiridas polo/a alumno/a durante as prácticas, segundo a escala numérica e ítems incluídos no sinalado formulario. A nota da simulación de prácticas fixarase a partir desa valoración das competencias adquiridas, ata un total de 8 puntos. |
80 |
Portafolios do alumno | A4 A8 A9 B3 B4 B6 | Deberase entregar unha memoria final do/a alumno/a con toda a información sobre as prácticas desenvolvidas, os coñecementos e competencias adquiridos en relación coa titulación, así como unha reflexión crítica sobre a súa aprendizaxe durante o período de prácticas preprofesionais. Nesta memoria tamén se incluirá un resumo-valoración das actividades-eventos que ao longo do curso sexan convocados como parte da materia. Esta memoria será avaliada pola titora de prácticas da Facultade ata un total de 2 puntos. Ademais da súa estrutura e contido, na avaliación da memoria-portafolio terase en conta a presentación, redacción e corrección ortografía. |
20 |
Observacións avaliación | |||
Para aprobar a materia cómpre ter aprobadas ambas as partes: memoria e "Traballos tutelados". No caso contrario só se podería recuperar a parte do "Portafolios" na segunda convocatoria (entrega antes do 28 de setembro). Para a avaliación na primeira oportunidade cómpre que o alumnado finalice o período de prácticas e entregue a memoria antes do 5 de xullo. De non ser así pasaría a avaliarse na segunda oportunidade. Debido ás características desta materia non se establecen sistemas de avaliación alternativos para o alumnado a tempo parcial e con dispensa académica de exención de asistencia se ben, sempre de acordo coa entidade de prácticas, podería terse en conta esta particularidade na elaboración do Plano Formativo. O abandono das prácticas sen causa xustificada, con independencia do número de horas efectuadas, suporá un suspenso nos "Traballos tutleados" e -por tanto- na materia. No caso de que este abandono estea xustificado, corresponderá á Comisión valorar a situación coa documentación pertinente aportada polo/a alumno/a e as persoas encargadas da súa titorización (entidade-facultade). Calquera memoria que conte cun fragmento superior a unha frase copiado será anulada, co consecuente suspenso na materia. |
|