Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas Didácticas Específicas e Métodos de Investigación e Diagnóstico en Educación Enxeñaría Civil Expresión Gráfica Arquitectónica Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
O Traballo Fin de Mestrado finaliza a titulación que habilita para o exercicio da profesión de arquitecto. O tema a desenrolar será o iniciado na asignatura Proxectos Avanzados. Trátase de elaborar, presentar e defender un proxecto integral de arquitectura de natureza profesional no que se sinteticen todas as competencias adquiridas na carreira, desenvolvido ata o punto de demostrar suficiencia para determinar a completa execución das obras de edificación sobre as que verse, con cumprimento da regulamentación técnica e administrativa aplicable. Representa a plenitude da adquisición das competencias para o exercicio da profesión regulada de Arquitecto de acordo cos dereitos, atribucións e prerrogativas que as disposicións legais establezan.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
– Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Todas agás as saídas de campo, pasando o modo docente a desenvolverse de maneira non presencial total ou parcialmente.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- As saídas de campo non poderán realizarse pola súa natureza en períodos de confinamento, substituíndose por unha intensificación da correspondente á Análise de fontes documentais.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Moodle: Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
- Teams: Sesións semanais en gran grupo ou en pequeno grupo (ata 6 persoas) que se programarán en cada obradoiro en función das horas que a materia tan asignadas no horario do centro e das necesidades de seguimento particular que se establezan en cada taller para o adecuado seguimento dos traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
- Proba obxectiva: O Tribunal cualifica coa súa nota a elaboración dun Proxecto Integral de Arquitectura de natureza Profesional (Proxecto Final de Carreira- PFC) que consta de diferentes documentos escritos, gráficos e físicos (maquetas de traballo) que serán presentados en formato dixital para a súa avaliación mentres as condicións non o permitan, inda que, no caso das maquetas, o Tribunal poderá requirir a súa visualización durante a defensa.
O traballo presentado debe contar co informe favorable do Obradoiro para a súa avaliación e cualificación por parte do Tribunal, quen porá a nota de Matrícula de Honra, Sobresaliente, Notable ou Aprobado ao alumno.
Na medida do posible, tratarase de que al datas e actos de defensa ante o tribunal poidan facerse en situación de presencialidade, seguindo en calquera caso as indicacións que a universidade estableza ao respecto para a realziación deste tipo de actos.
- Obradoiro (Informe previo): O Obradoiro emite, de xeito colexiado, un informe Individual para cada estudante que, no caso de ser Favorable, constará dunha autorización expresa de defensa ante o Tribunal.
*Observacións de avaliación:
- Avaliación en convocatoria adiantada: Para poder optar á avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirse as condicións de avaliación xeral nun curso previo.
- Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Para estes casos, sempre que conten con recoñecemento oficial da dirección do centro, non se terá en conta a esixencia de asistencia mínima, manténdose o resto de esixencias xerais establecidas.
- Plaxio. No relativo ao plaxio se atenderá ao indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.
- Esixirase do alumnado unha participación activa, que permita realizar o seguimiento
e evolución dos traballos e verificar a súa autoría. Para iso, dispoñeranse tarefas
abertas en Moodle.
- As entregas faranse a través da plataforma Moodle, cos mesmos criterios establecidos
para a docencia presencial, eliminando a entrega material nas dependencias da ETSAC.
- Non será necesario realizar entregas en formato físico. Non obstante, o alumnado poderá ser requerido a mostrar maquetas de traballo durante a defensa ante o tribunal. O alumnado entregará os paneis resumo en formato A1 do seu proxecto máis tarde, en canto as condicións o permitan e dentro das datas que se establezan para este propósito.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía:
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías