Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Física para a Arquitectura 2
Abrir nova vista Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2021/22
Asignatura (*) Física para a Arquitectura 2 Código 630G02013
Titulación
Grao en Estudos de Arquitectura
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 1º cuadrimestre
Segundo Formación básica 6
Idioma
Castelán
Modalidade docente Presencial
Prerrequisitos
Departamento Construcións e Estruturas Arquitectónicas, Civís e Aeronáuticas
Enxeñaría Civil
Coordinación
López César, Isaac
Correo electrónico
isaac.lopez@udc.es
Profesorado
Cuba Cabana, Hilda
Dominguez Diez, Javier Faustino
López César, Isaac
Correo electrónico
hilda.cuba@udc.es
javier.dominguez@udc.es
isaac.lopez@udc.es
Web
Descrición xeral A materia Física para a Arquitectura 2 realiza unha introdución a fenómenos físicos relevantes para o deseño arquitectónico e como estes se atopan recollidos nas normativas actuáis de obrigado cumplimento. Trátase, polo tanto, dun curso de física aplicada á arquitectura no que se abordan contidos de hidrostática -que permitirán ao alumnado determinar empuxes hidrostáticos sobre muros ou lousas-; hidrodinámica -centrándose especialmente no comportamento de fluidos no interior de conductos-; conceptos de termodinámica e higrometría enfocados ao estudo das envolventes dos edificios e ao acondicionamento térmico de espazos arquitectónicos; acústica aplicada ao illamento e ao acondicionamento de locáis; ademáis de contidos sobre electricidade e teoría da luz e a cor. Siempre que resulta posible, os conceptos explicados aplícanse a situación arquitectónicas reais, incidindo na relación íntima entre a física e a arquitectura.
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos. Os contidos da asignatura non se modifican. 2. Metodoloxías. Contémplanse dous escenarios: -Escenario 1 (alumnado con docencia presencial e alumnado con docencia non presencial, simultáneamente): No caso en que a capacidade das aulas, debido ás condicións de aforo esixidas por instancias superiores, imposibilite o seguemento das clases presenciais por parte da totalidade do alumnado, ou ben, no caso de confinamento de alumnos puntualmente, implementaranse os medios tecnolóxicos que facilite o centro para posibilitar que as clases presenciais impartidas polo profesorado da asignatura, podan ser seguidas en modalidade non presencial polo resto do alumnado. -Escenario 2 (todo o alumnado con docencia non presencial): No caso de confinamento dun grupo completo, a causa dun brote, pasarase todo o grupo a docencia en modalidade non presencial hasta que non se resolva esta situación e poda retornarse á modalidade presencial. Neste caso, a totalidade da docencia pasa a ser en modalidade on-line. *Metodoloxías docentes que se manteñen. -Escenario 1 (alumnado con docencia presencial e alumnado con docencia non presencial, simultáneamente): Mantéñense todas as metodoloxías docentes. O alumnado seguirá a sesión presencialmente e, o que se atope na súa casa, a seguirá on-line, a través da plataforma que a UDC habilite a tal efecto (Teams ou similar). Co obxetivo de dar un maior dinamismo ás sesións, o profesor/a pode indicar unha lectura previa. As probas mixtas de clase, realizaranse presencialmente nas sesións interactivas e, si non resulta posible, realizaranse on-line. -Escenario 2 (todo o alumnado con docencia non presencial): Tanto a docencia expositiva como a interactiva realizaranse on-line. Mantéñense todas as metodoloxías. As sesións expositivas realizaranse on-line, a través da plataforma que a UDC habilite a tal efecto (Teams ou similar). Co obxetivo de dar un maior dinamismo ás sesións on-line, o profesor/a pode indicar unha lectura previa. As sesións interactivas realizaranse on-line (Teams o similar). Neste caso, poden consistir na explicación de exercicios por parte do profesor, na corrección e resolución de dúvidas de exercicios que o profesor facilite previamente ao alumnado para a súa resolución na casa, ou ben, na resolución de exercicios de forma colaborativa entre profesor e alumnado. As probas mixtas de clase realizaranse on-line. As entregas de boletíns de problemas realizarase vía Moodle. *Metodoloxías docentes que se modifican. Non se modifican metodoloxías. 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado. As titorías presenciais manteranse se resulta posible. En todo caso, contémplanse as seguintes vías de atención personalizada: -Teams, canal: abrirase un canal de Teams para consulta de dúvidas. O canal estará permanentemente aberto e as dúvidas serán respondidas á maior brevedade posible. -Correo electrónico: o alumnado terá a posibilidade de formular dúvidas tamén no correo-e dos profesores. Non obstante, utilizarase preferentemente o canal de Teams para que podan estar dispoñibles para todo o alumnado. -Teams, sesión virtual: no caso de cuestións que presenten dificultade para a súa resolución por escrito, ou precisen de interacción directa, realizarase unha sesión virtual co/ca alumno/a. 4. Modificacións na avaliación. -Escenario 1 (alumnado con docencia presencial e alumnado con docencia non presencial, simultáneamente): Mantense o desglose de avaliación indicado na guía docente. As probas mixtas de clase realizaranse nas sesións presenciais interactivas. Os boletíns de problemas entregaranse vía Moodle. A proba obxetiva final realizarase presencialmente, sempre que así o autorice o órgano competente. No caso de que non sexa posible a realización presencial da proba obxetiva, realizarase on-line de forma síncrona. -Escenario 2 (todo o alumnado con docencia non presencial): Mantense o desglose de avaliación indicado na guía docente. As probas mixtas de clase realizaranse on-line. Os boletíns de problemas entregaranse vía Moodle. A proba obxetiva final realizarase presencialmente, sempre que así o autorice o órgano competente. No caso de que non sexa posible a realización presencial da proba obxetiva, realizarase on-line de forma síncrona. *Observacións de avaliación: No caso de que algún alumno/a teña dificultades de equipamiento informático ou de conexión a internet para acceder ás ferramentas informáticas proporcionadas pola UDC (Teams, Moodle, etc) de forma síncrona, para o seu manexo tanto nas clases como nunha hipotética proba on-line, debe comunicar este extremo ao profesorado na maior brevedade posible, coa finalidade de buscar solución. 5. Modificacións da bibliografía o webgrafía. Non se modifica a bibliografía indicada na guía docente. De plantexarse nova documentación básica durante un período de confinamento, ésta se porá a disposición do alumnado a través de Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías
Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes