Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Alonso Pereira, Jose Ramón
Correo electrónico
jose.ramon.alonso.pereira@udc.es
Profesorado
Alonso Pereira, Jose Ramón
Caridad Graña, Juan Antonio
Río Vázquez, Antonio Santiago
Correo electrónico
jose.ramon.alonso.pereira@udc.es
juan.caridad@udc.es
antonio.rio.vazquez@udc.es
Web
Descrición xeral
Parte primeira da materia Historia da Arquitectura desenvolvida no cuarto curso do Grao en Estudos de Arquitectura, esta materia presenta a arquitectura do pasado a través do seu valor como patrimonio construído, centrándose para iso no medio España e Galicia, onde se desenvolve a actividade docente e a aprendizaxe do alumno, establecendo unha cadea histórica que analice o proceso proxectual e explique os porqués das permanencias e os cambios na arquitectura.
Plan de continxencia
No caso de que se produzan circunstancias excepcionais motivadas pola Pandemia COVID 19, que impidan a docencia presencial prevista, plantéxase o paso desta á modalidade docente non presencial baseada no soporte TIC proporcionado pola Universidade.
Utilizarase o conxunto de ferramentas TIC, posto a disposición pola Universidade, especialmente a plataforma Moodle, Teams e o correo electrónico para a comunicación có estudantado.
1. Modificacións nos contidos.
No caso de continxencia adoptaranse as medidas necesarias para garantir a calidade do ensino e a integridade dos contidos. Non se realizan cambios nos contidos.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen:
Mantense o conxunto das metodoloxías docentes empregadas, pasando a docencia a desenvolverse de xeito non presencial, total ou parcialmente.
*Metodoloxías docentes que se modifican:
Non está previsto modificar metodoloxías docentes
3. Mecanismos de atención personalizada al alumnado.
Os mecanismos de atención personalizada ó estudantado utilizarán as plataformas sinaladas con anterioridade postas a disposición pola Universidade: Moodle, Microsoft Teams y el Correo electrónico institucional.
Temporalización: a establecida segundo o calendario e horario académicos fixados polo centro ó comezo do curso.
4. Modificacións na avaliación
Suprimiranse aqueles criterios que impliquen asistencia e presencialidade. Este principio terá validez temporalmente dende o momento no que exista instrución de aplicación do presente Plan de Continxencia.
Mantéñense o resto dos criterios de avaliación.
Para o alumnado con dificultades xustificadas para realizar probas ou entregas, poderanse prever solucións alternativas personalizadas.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Mantense a bibliografía proposta para a asignatura. Subiranse aos soportes de intercambio de arquivos institucionais aqueles textos, fragmentos de textos ou outro material, cuxo coñecemento é imprescindible para superar a materia.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías