Proxectos Arquitectónicos, Urbanismo e Composición
Coordinación
Rodriguez Alvarez, Jorge
Correo electrónico
jorge.ralvarez@udc.es
Profesorado
Diaz Revilla, Alfonso
Llamazares Castro, Jesus
Rodriguez Alvarez, Jorge
Seoane Prado, Enrique
Correo electrónico
a.diaz.revilla@udc.es
j.llamazares@udc.es
jorge.ralvarez@udc.es
enrique.seoane@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia Urbanística 5 céntrase no desenvolvemento das competencias propias da planificación e deseño urbanos. De este xeito, ten unha orientación eminentemente práctica, abordando algúns dos temas máis relevantes na práctica urbana contemporánea, incluíndo aspectos de sostibilidade, igualdade, xestión, economía ou o marco legal e os procesos de tramitación. A aprendizaxe estrutúrase ao redor dunha serie de exercicios prácticos e proxectos de curso, nos que se poñen en práctica os conceptos e ferramentas introducidos nas sesións expositivas. O proxecto da materia desenvolverase nunha zona inacabada da cidade, normalmente asimilable a un solo urbano non consolidado, na que é relevante unha operación de rexeneración urbana adaptada ás condicións actuais e futuras. A figura urbana de referencia será o Plan especial de Reforma Interior (PERI), que intentará dotar a esta área das infraestruturas necesarias, integración de usos e tipos de edificación, apoiándose na formalización do espazo colectivo público e privado, na mellora da urbanización, e na resposta adecuada ás condicións existentes, a través de respostas rexeneradoras nos seus aspectos ambientais e construídos. A materia tamén apoiará o Taller do noveno semestre, seguindo o calendario, as pautas e os exercicios acordados coa materia Proxectos 8, que coordina ese Taller.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
-Non se realizan cambios
2. Metodoloxías
A. Metodoloxías docentes que se manteñen:
-ANÁLISE DE FONTES DOCUMENTAIS.
-ESTUDO DE CASOS
B Metodoloxías docentes que se modifican:
- SESIÓN MAXISTRAL. Adaptación da forma presencial tradicional á forma non presencial a través da plataforma Teams
-DISCUSIÓN DIRIXIDA. Adaptación da forma presencial tradicional á forma non presencial a través da plataforma Teams e foros de Moodle
-OBRADOIRO. Realizase a tutela de dito traballo a través das plataformas dixitais aportadas pola UDC. (Teams) mediante titorías acordadas con cada equipo
-PROBA OBXECTIVA. Non se realizará a proba obxectiva final. A avaliación deste coñecemento se incorpora a metodoloxía de estudio de casos
-PROBA PRÁCTICA. Non se realizará a proba mixta final. A avaliación deste coñecemento se incorpora a metodoloxía do estudo de casos.
Mecanismos de atención personalizada ao alumnado serán por Teams ou Moodle
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente, de luns a venres e en horario lectivo. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
– Moodle: Diariamente, de luns a venres e en horario lectivo. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da escola. De 1 a 2 sesións semanais en pequeno grupo (ate 6 persoas), para o seguimento e apoio na realización dos “traballos tutelados”. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades da aprendizaxe do alumando para desenvolver o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
Traballos tutelados (100%): En relación cos traballos tutelados valorarase:
– A adecuación metodolóxica das propostas de traballo.
-A profundidade do contido.
-O dominio das aplicacións utilizadas na elaboración das propostas.
-O tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar.
- A utilización de fontes documentais complementarias e actuais.
- A presentación e a claridade da exposición.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que:
- As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesións que houbo ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS:
A) Alumnado con dedicación completa:
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212):
Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%:
a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
1. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
2. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación.
3. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
4. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías