Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Arquitectura
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Estudos de Arquitectura
 Asignaturas
  Teoría da Intervención Contemporánea
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro B2 B3 C3 Os traballos, realizados en grupo, terán unha cualificación máxima de 3 puntos. Será preciso ter entregado os traballos para superar a asignatura. 30
Proba mixta B1 B4 B5 C1 Un exame ao final do cuatrimestre, referido á totalidade de todos os contidos do curso. A este exame corresponderá un 70% da cualificación final. No mesmo, é preciso acadar unha cualificación de 4 (sobre un máximo de 10) para poder superar a asignatura e poder facer media cos traballos. 70
 
Observacións avaliación

A asistencia regualar á clase (80% mínimo) é imprescindible para realizar o obradoiro e a proba mixta.

Para concorrer á segunda oportunidade de cada convocatoria será imprescindible ter entregado, na primeira, o traballo desenvolvido durante o curso e revisado polo profesorado da asignatura. Este traballo tutelado pode ser ampliado e correxido para ser reavaliado na segunda oportunidade.

Avaliación en convocatoria adiantada: Para poder optar á avaliación en convocatoria adiantada deben cumprirse as condicións de avaliación xeral nun curso previo.

Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia : Para estes casos, sempre que conten con recoñecemento oficial da dirección do centro, non se terá en conta a esixencia de asistencia mínima, manténdose o resto de esixencias xerais establecidas.

Plaxio. No relativo ao plaxio se atenderá ao indicado no Art. 14º das Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario da UDC.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes