- Non se recollerán traballos unha vez finalizado o prazo de entrega,
nin se recuperarán as prácticas perdidas.
- Para aprobar o curso hai que sacar unha nota final mínima de 5
sobre 10.
- Na oportunidade de fin de cuatrimestre
é necesario chegar ao 2 no
exame (x/6) para que se sume ás notas das outras probas realizadas ao
longo do curso
(x/4) e éstas tamén deben sumar entre todas elas un mínimo de 1,5 puntos
para poder sumarse á nota do exame. En caso contrario, a nota final
global máxima será 4.8 (x/10) e o alumno
terá que examinarse de novo en Xullo. Os alumnos que non se presenten ao
examen
(x/6) acadarán a calificación de NP.
- O exame de Xullo incluirá tódalas probas realizadas ao longo do
curso e suporá o 100% da nota (x/10).
- O exame da convocatoria adiantada de Decembro incluirá tódalas
probas realizadas ao longo do curso e suporá o 100% da nota (x/10).
- O alumnado matriculado a tempo parcial e que teña concedida unha dispensa
académica, tal e como establece a Normativa desta universidade, será
avaliado en calquera das dúas oportunidades seguindo os mesmos criterios que
para a segunda oportunidade de xullo.
- Atención á diversidade: Existe unha oficina (ADI) na universidade
que se especializa en "atender ós membros da comunidade universitaria con
necesidades especiais derivadas da discapacidade ou doutras formas de diferenza
fronte á poboación maioritaria". O alumnado que o desexe pode poñerse en
contacto coa ADI en http://www.udc.es/cufie/uadi/. Tamén no teléfono 981
167000, extensión 5622 ou na dirección de email adi@udc.es
- Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-II/1 e A-II/2 do
Código STCW e recollidos no Sistema de Garantía de Calidade teranse en
conta á hora de deseñar e realizar a avaliación.