Capacitar a los alumnos en todos los aspectos relacionados con las operaciones de carga/descarga, estiba y transporte seguro de las mercancías en los buques.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Sesión maxistral
- Prácticas de laboratorio en grupos medianos e reducidos (problemas, exercicios e/ou traballos tutelados)
- Atención personalizada
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Todas as metodoloxías citadas previamente serán levadas a cabo de forma telemática (Teams) co apoio de Moodle para a entrega dos problemas, exercicios e traballos tutelados.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
-Correo electrónico: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais, para resolver dubidas e facer o seguimento dos exercicios tutelados.
- Moodle: A través de foros.
- Teams: Sesións en gran grupo e grupos medianos e reducidos para o avance dos contidos teóricos-prácticos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario oficial da Escola.
4. Modificacións na avaliación
A avaliación continua (pre-final) faráse de forma telemática e sen ningún tipo de restrición, é dicir, sen necesidade de ter asistido a un mínimo dun 80% das clases que se desenrolen deste xeito (Teams).
Nas sesións presenciais alternaranse as leccións maxistrais con sesións máis interactivas, nas que a participación activa do estudantado será valorada positivamente na avaliación continua (ata un 20%), especialmente nas sesións onde se desenrolen e resolvan os problemas.
Ante a previsible desigual participación do alumnado no seguimento da materia, faise necesario establecer os exames oficiais da 1ª e 2ª convocatoria de xeito que permita a todos os estudantes ser avaliados en igualdade de condicións para superar a materia. Por iso, a avaliación da 1ª e 2ª oportunidade faráse de forma telemática, con dúas partes claramente diferenciadas, teoría e problemas, e cunha valoración que irá de 0-100%.
A parte teórica avaliaráse mediante un exame tipo test por Moodle.
*Observacións de avaliación:
Modifícase a nota mínima imprescindible para facer media aritmética entre as dúas partes (teoría e problemas), que pasa de 5.0 puntos a 4.0 puntos nalguna das partes. En calquer caso, a nota media debe ser, como mínimo, 5.0 puntos.
O alumnado debe gardar e custodiar os exames manuscritos no seu poder.
O profesorado manterá conexión co alumnado vía Teams durante o exame para aclarar calquer dúbida, e ten a posibilidade tamén de preguntar ou solicitar a conexión da cámara do alumno en calquer momento.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías