Guía DocenteCurso
Escola Técnica Superior de Náutica e Máquinas
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Náutica e Transporte Marítimo
 Asignaturas
  Navegación II
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba práctica A10 A14 A28 A37 B2 B3 B9 B14 B22 C6 C10 Para o alumnado cunha asistencia regular a clase (ao menos o 80%) realizaranse, a o largo do cuadrimestre, un mínimo de tres probas prácticas para avaliar o seguimento do traballo realizado durante o cuadrimestre. Estas probas consistirán nun ou varios exercicios de navegación ortodrómica, cinemática naval e/ou navegación astronómica, propostos de forma independente ou combinada.
Estas probas poderán realizarse nunha única sesión ou en varias.
Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A10, A14, A28, A37, B2, B3, B9, B14, B22, C6, C10.

45
Proba obxectiva A10 A14 A16 A28 A37 B2 B3 B13 B14 C10 Para o alumnado cunha asistencia regular a clase (ao menos o 80% das clases) realizarase, ao largo do cuadrimestre, un mínimo de dúas probas teóricas para avaliar o seguimento do traballo realizado durante o cuadrimestre. Estas probas poderán realizarse nunha única sesión ou en dúas.
Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A10, A14, A16, A28, A37, B2, B3, B13, B14, C10.
45
Prácticas de laboratorio A10 A14 A28 A37 B1 B2 B3 B5 B7 B8 B9 B10 B12 B13 B14 B15 B16 B22 B23 C3 C6 C10 C11 O longo do curso proporanse varias prácticas avaliables, ben na aula, ben na da facultade virtual.
Con esta metodoloxía avaliaranse as competencias A10, A14, A28, A37, B1, B2, B3, B5, B7, B8, B9, B10, B12, B13, B14, B15, B16, B22, B23, C3, C6, C10, C11.
10
 
Observacións avaliación

O sistema de avaliación
descrito, constitúe a denominada avaliación continua, e o alumnado que supere
tódalas probas parciais (5 en total: 3 prácticas e 2 teóricas) cunha nota media
igual ou superior a 5 non terá que presentarse ao exame final da primeira
oportunidade, a non ser que desexen subir a nota do curso. As probas
avaliaranse en base 10, e a nota mínima para poder compensar por media
aritmética cada unha de elas a hora de obter a nota do curso será dun 3,5. En
caso de obter nalgunha das probas unha nota inferior a un 3,5, a nota por curso
será de suspenso (nota máxima dun 4).

En caso de non presentarse
a algunha das probas parciais, considerarase que o alumno non está seguindo o
sistema de avaliación continua descrito e será avaliado por curso como non
presentado.

O alumnado que non siga o
sistema de avaliación continua descrito ou suspenda a materia por curso, deberá
presentarse ao exame final da convocatoria oficial, no cal entrará a totalidade
da materia. As probas parciais superadas cunha nota maior ou igual a 5,
librarán materia para o exame final da primeira oportunidade, pero non para o
da segunda oportunidade (o alumnado que deba examinarse na segunda oportunidade
deberá facelo da totalidade da materia).

O exame final (tanto da primeira coma da
segunda oportunidade) constará de varias partes claramente diferenciadas en
canto a contido e metodoloxía de resolución (por exemplo, diferentes partes de
teoría ou diferentes tipos de exercicios), que se corrixirán por separado en
base 10. Sempre e cando a nota de cada unha de ditas partes sexa igual ou
superior a un 3,5, a nota do exame será a media aritmética das partes. En caso
de obter en algunha das partes do exame unha nota inferior a 3,5, a nota do
exame será de suspenso (máxima nota 4). En caso de non presentarse a algunha
das partes, a nota do exame será de cero.

O alumnado con recoñecemento de dedicación a
tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia non se lle exixirá
unha asistencia mínima para poder presentarse as probas parciais, sempre e
cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Asemade,
deberá acordarse co docente unha serie de titorías (presenciais ou non
presenciais) o longo do curso para acreditar o seguimento da materia.



Os criterios de avaliación
contemplados no cadro A-II/1 do Código STCW na súa forma emendada, e recollidos
no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e
realizar a avaliación.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes