Plan de continxencia |
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Traballo tutelado (computa na avaliación).
- Solución de problemas (uso de Teams) (computa na avaliación).
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral (a través de Teams e vídeos en Sharepoint).
- Proba mixta (a través do Campus Virtual da UDC e Teams) (computa na avaliación).
- Aprendizaxe colaborativa (a través de Teams e Sharepoint).
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: Diariamente. Uso para facer consultas, solicitar encontrols virtuais para resolver dúbidas e facer seguimento da resolución de problemas e traballos tutelados.
- Campus Virtual: Diariamente. Según a necesidade do alumnado. Dispoñen dos contidos teóricos de todos os temas. Tamén dispoñen de arquivos para a sua descarga nos que teñen que resolver exercicios prácticos, e vídeos de elaboración propia en Sharepoint para complementar os contidos teóricos. Ademáis, dispoñen de enlaces a páxinas web nas que poderán atopar tutoriais e vídeos. Tamén se lles proporcionan enlaces directos á bibliografía dispoñible na UDC.
- Teams: 1 sesión semanal de 2 horas para avanzar nos contidos teóricos na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da escola, así como para a presentación oral. Outra sesión semanal de 2 horas, tamén na franxa horaria que ten asignada a materia, para o seguimento e apoio na resolución dos problemas e dos traballos tutelados. Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado as necesidades de aprendizaxe do alumnado para desenrolar o traballo da materia.
4. Modificacións na avaliación
*Observacións de avaliación:
- A proba mixta pasará de ser presencial a ser on-line.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
- Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo de maneira dixitalizada no Campus Virtual da UDC.
|