Para a superación da materia por avaliación continua, a asistencia mínima ás sesións maxistrais será do 80%
Para a superación da materia por avaliación continua, a asistencia mínima ás prácticas será do 100%
As prácticas da materia, xunto coa superación do resto de metodoloxías, van asociadas á obtención dos seguintes certificados: Formación Básica en Seguridade, Avanzado en Loita C.I. e Embarcacións de Supervivencia e Botes de Rescate non Rápidos. Para a obtención dos devanditos certificados tamén será obrigatoria a realización do 100% das prácticas.
Para facer media hai que superar todas as metodoloxías. Os criterios de avaliación contemplados nos cadros A-III/1 e A-III/3 do Código STCW, e recolleitos no Sistema de Garantía de Calidade, teranse en conta á hora de deseñar e realizar a avaliación. LAS PRÁCTICAS DE SUPERVIVENCIA NA SÚA TOTALIDADE SON OBRIGATORIAS PARA SUPERAR A MATERIA. AS PRÁCTICAS CONTRAINCENDIOS CORRESPONDENTES Á FORMACIÓN BÁSICA SON OBRIGATORIAS PARA SUPERAR A MATERIA.
O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b; 4.3 e 7.5) (04/05/2017) poderá realizar as probas parciais, se as houbere, sen necesidade de asistir o 80% das clases presenciais, sempre e cando os profesores sexan debidamente informados ao principio do curso. Sen menoscabo do anterior, os profesores poderán encargarlle a este alumnado diferentes traballos/problemas ó longo do curso para ser expostos en horario de titorias. Pola propia natureza das prácticas, que non son recuperables, non se contempla dispensa académica para a avaliación das mesmas.