O obxectivo global da materia é adquirir os fundamentos teóricos e prácticos da análise de estruturas mediante o Método de Elementos Finitos (MEF). Para iso exponse os seguintes obxectivos parciais:
- Comprender as bases teóricas do MEF, tipos de elementos, características e tipoloxías de aplicación en enxeñaría civil.
- Aplicar o MEF utilizando programas de deseño e cálculo de estruturas por computador.
- Espertar unha visión crítica do alumno sobre os resultados obtidos.
- Iniciar ao alumno na análise non lineal de estruturas.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Traballos tutelados
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral: No caso de non poder facerse presencialmente, a sesión maxistral impartirase na plataforma Teams.
- Solución de problemas: No caso de non poder facerse presencialmente, as clases de solución de problemas impartiranse utilizando Teams e a plataforma VDI.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
No caso de non poder levarse a cabo presencialmente, a atención personalizada realizarase a través do correo electrónico, Moodle ou Teams.
4. Modificacións na avaliación
- Traballos tutelados: Non hai modificacións.
- Proba obxetiva: No caso de non poder facerse presencialmente, a proba obxetiva realizarase a través das plataformas Moodle, Teams e VDI.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se producen
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías