Mestrado Universitario en Enxeñería de Camiños, Canais e Portos
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Optativa
4.5
Idioma
Castelán
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Enxeñaría Civil
Coordinación
Varela Garcia, Alberto
Correo electrónico
alberto.varela@udc.es
Profesorado
Varela Garcia, Alberto
Correo electrónico
alberto.varela@udc.es
Web
Descrición xeral
A formulación da materia baséase en adquirir e desenvolver as capacidades de utilización da información xeográfica para representar e analizar o territorio, así como os fenómenos que nel se producen, tanto naturais como xerados polo home mediante o uso de métodos de análises geoespacial. Introducirase tamén ao alumno en técnicas de visualización avanzada do terreo, a paisaxe e a obra de Enxeñaría Civil integrada nel..
Os coñecementos teóricos serán transmitidos mediante o desenvolvemento de clases participativas complementadas con espazos virtuais de información, empregando numeroso material audiovisual. A maior parte das clases terán un carácter eminentemente práctico, polo que se fomentará o traballo diario mediante a realización de exercicios, que nalgúns casos deberanse entregar como parte da avaliación.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
- Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
- Todas
Metodoloxías docentes que se modifican
- Ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Moodle: Diariamente. Segundo as necesidades do alumnado. Habilitaranse foros para cada tema para formular consultas, e para o desenvolvemento dos traballos da materia.
- Teams: 1/2 sesións semanais en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos na franxa horaria da materia establecido no calendario docente. Sesións especiais fose de horario en grupos pequenos para o seguimento dos traballos (baixo demanda). Esta dinámica permite facer un seguimento normalizado e axustado ás necesidades de aprendizaxe do alumnado para desenvolver o traballo da materia.
- Correo electro? nico: Diariamente. Para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos
4. Modificacines na avaliación
Mantense as establecidas nas guía docente, aínda que as referencias ao cómputo da asistencia realizarase con respecto ás sesións presenciais que houbese ata o momento de suspensión da actividade presencial
Observacións de avaliación:
- Poderanse engadir algunha práctica ou resolución de problemas vinculada á temática da materia en función do grao de presencialidad alcanzando na materia.
- A entrega de prácticas e o exame realizarase a través de Moodle, con apoio desde TEAMS, o correo electrónico ou o teléfono se fixese falta.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. O material de apoio necesario atópase dixitalizado na plataforma Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías