Alcanzar un dominio suficiente das ecuacións diferenciais e a xeometría diferencial necesario para abordar os contidos doutras materias da titulación
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos: Non se realizarán cambios
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen: Mantéñense todas as metodoloxías.
Tanto as sesións maxistrais como as de resolución de problemas realizaranse con metodoloxías similares ás utilizadas presencialmente pero online, e no horario que ten a materia asignado no calendario da Escola. As titorías realízanse preferentemente a través de Microsoft Teams. O material audiovisual adicional xerado estará dispoñible para os estudantes a través do Moodle da materia. As probas curtas e os problemas con entrega que se teñen en conta para a avaliación continua, así como os exames realizaranse a través da plataforma Moodle, co apoio do Teams.
*Metodoloxías docentes que se modifican: ningunha
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
• Correo electrónico: diariamente. Para facer consultas, resolver dúbidas e solicitar reunións a través de Teams.
• Moodle: diariamente. Crearase o “Foro de consultas, dudas y sugerencias”
• Teams: diariamente para titorías individuais.
4. Modificacións na avaliación: o sistema de avaliación non se modificará
*Observacións de avaliación:
A materia pódese superar de dúas maneiras:
1) Avaliación continua.
Para poder ser avaliado/a de esta forma, o/a estudante deberá asistir polo menos ao 80% das clases de problemas (controlarase a asistencia tanto ás clases prensenciais como ás clases a través de Teams), entregar polo menos 4 das 5 prácticas e realizar polo menos 4 das 5 probas que se farán ao longo do cuadrimestre.
A nota final calcularase da forma seguinte: (nota do exame) x 0’6 + (nota de curso) x 0’4
• Exame final (xaneiro ou xullo): é necesario obter polo menos o 40% da puntuación.
• Probas: realizaranse 5, unha ao final de cada bloque, en horario de clase e previamente anunciadas. A nota das probas representará a metade da nota de curso.
• Prácticas: propoñeranse 5, unha ao final de cada bloque, en horario de clase e previamente anunciadas. Resolveranse individualmente. A nota das prácticas representará a metade da nota de curso.
Para superar a materia a nota final deberá ser maior ou igual a 5 sobre 10.
2) Exame final.
O/a alumno/a debe obter polo menos 5 puntos sobre 10 no exame final de xaneiro ou de xullo.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía: Sen cambios
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías