A materia permite obter os coñecementos necesarios para deseñar, construír, explotar e conservar infraestruturas lineais de transporte. En particular os firmes das estradas e as vías de ferrocarrís.
A guía docente da materia está dispoñible en galego e castelán. En caso de discrepancia entre ambas as versións, prevalecerá a versión en castelán.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizan cambios.
2. Metodoloxías
Metodoloxías docentes que se manteñen
- Actividades iniciais
- Sesión maxistral
- Traballos tutelados
- Solución de problemas
- Probas obxectivas
Metodoloxías docentes que se modifican
Todas as metodoloxías mantéñense, pero as actividades iniciais, as sesións maxistrais, a solución de problemas, os traballos tutelados e as probas obxectivas pasan a realizarse de forma non presencial vía Teams e/ou Moodle.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
O correo electrónico consultarase diariamente (de luns a venres) en horario laboral.
Os estudantes poderán solicitar (vía correo electrónico), reunións vía Teams, en horario laboral, de luns a venres, cando o precisen.
Enviaranse mensaxes vía Moodle cando se considere oportuno.
4. Modificacións na avaliación
Non se prevén cambios no sistema de avaliación, manteranse as actividades previstas cos seus pesos, pero realizaranse por medios non presenciais garantindo a posibilidade de participación de todos os estudantes e a realización en condicións equivalentes ás de actividades presenciais.
Observacións de avaliación:
Salvo que se diten por parte da UDC outras normas de obrigado cumprimento as condicións serán as indicadas na guía docente.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai modificacións. Pero só serán de aplicacións aquelas fontes ás cales se poida acceder vía Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías