A.- ESTUDANTES CON MATRÍCULA A tempo completo
A distribución porcentual da cualificación para estes estudantes
será:
... Asistencia a sesións maxistrais e estudo de casos (10%)
... Solución de problemas (30%)
... Probas mixtas (60%)
A cualificación por "sesión maxistral" basearase na
asistencia a clases do estudante. A porcentaxe mínima esixido de
asistencia é do 80% das horas de clase. A asistencia se controlará mediante
a firma do alumno na folla de control. A puntuación da asistencia xeral vai
dun mínimo de 0 puntos (cando se ten o mínimo do 80% de asistencia) a un
máximo de 1 punto (co 100% de asistencia). Entre o 80 e 100% de asistencia, a
puntuación obtense mediante un axuste lineal entre os puntos de coordenadas
(0; 80) e (1; 100). A cualificación de "solución de problemas" será a media ponderada das
cualificacións obtidas en cada un dos traballos de "exercicios
prácticos". O alumno deberá aprobar a práctica.
Realizaranse dúas "probas mixtas" durante o curso; 1 no primeiro
cuadrimestre e outra no segundo (máis ou menos cara á metade de cada
período). Se o alumno aproba as probas mixtas libera esa parte do
temario. A segunda parte de temario de cada cuadrimestre só avaliarase
en convocatorias oficiais (xaneiro, 1ª e 2ª oportunidades). Os
profesores establecerán, con polo menos 2 semanas de antelación, data e
hora para a realización de cada proba mixta.
Para superar a materia o estudante deberá aprobar (é dicir, obter un 5
sobre 10) cada unha as 4 partes nas que se divide o temario. Non se fará
unha nota media. De cada parte aprobada gardarase a cualificación
obtida.
Tamén, o estudante que o desexe poderá utilizar a "primeira oportunidade
oficial" para re-avaliarse co fin de mellorar a cualificación dunha ou máis probas mixtas que xa superase.B.- ESTUDANTES CON MATRÍCULA A tempo parcial
Por normativa, os estudantes a tempo parcial están exentos da
obrigación de asistir a clases. Por tanto, a puntuación correspondente (10%)
distribuirase entre as metodoloxías da avaliación continua. De modo que, a
distribución porcentual da cualificación para estes estudantes será:
... Solución de problemas (35%)
... Probas mixtas (65%)
En todo o demais, ao estudante a tempo parcial seranlle de
aplicación as mesmas condicións e requisitos aplicadas aos seus compañeiros a
tempo completo descritas no apartado A.
Recoméndase que os estudantes a tempo parcial manteñan
comunicación fluída a través de correo electrónico cos profesores, co
obxectivo de resolver dúbidas, concertar tutorías, etc.
C.- OBSERVACIÓN FINAL XENERAL
"O primeiro día de clases, os profesores explicarán e
resolverán dúbidas sobre estes criterios de avaliación".
|