A materia pretende forma-los coñecementos e desenvolve-las habilidades básicas precisas para comprende-la problemática financeira da empresa, iniciarse no estudio da teoría financeira e as Finanzas, e manexa-los modelos básicos de traballo. Preténdese tamén que o alumno adquira un dominio inicial da terminoloxía e xerga financeira, se familiarice coa lóxica financeira, e aprenda a buscar e interpreta-la información relevante.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Ningunha
2. Metodoloxías
2.a. Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, coas debidas adaptacións que se deriven da adopción dun modelo (semi)deslocalizado
2.b. Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha, salvo as adaptacións sinaladas máis arriba
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Titorías virtuais a través dos recursos das plataformas institucionais da UDC
4. Modificacións na avaliación
Ningunha, aínda que se poderían introduci-las adaptacións imprescindibles para desenvolve-la actividade académica nun entorno telemático. En concreto, as probas de avaliación poderían desenvolverse por medios telemáticos.
4.a. Observacións de avaliación
A evolución da situación sanitaria está fóra do control do equipo docente. Por ilo, cómpre dispoñer de equipamento para acceder a recursos electrónicos e afrontar una avaliación por medios electrónicos, dende o mesmo inicio do cuadrimestre. En caso necesario, debe consultarse á UDC a posibilidade de acceder a axudas para obtelo.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Ningunha
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías