O Practicum é unha materia que permite proxectar e aplicar a distintos contextos os contidos, destrezas e competencias adquiridas nas distintas materias que compoñen o curriculum do Mestrado
Consultar Plan de Practicum na dirección web que figura máis arriba
Plan de continxencia
As adaptacións que se levarán a cabo na docencia e na avaliación, en caso de que nos enfrentemos a un escenario de non presencialidade debido a un novo brote da pandemia COVID-19 serán as seguintes:
1. Modificacións nos contidos
Non hai
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Traballos tutelados
*Metodoloxías docentes que se modifican
Na medida do posible o alumnado procurará incorporarse á intervención psicopedagóxica virtual que se desenvolva no seu centro de destino.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
Realizarase utilizando correo electrónico ou Microsoft Teams
4. Modificacións na avaliación
No caso de disminuir ou perder a presencialidade no centro de Practicum, valorarase a necesidade de sustituir a presencia no centro por un suposto práctico que prantexará o titor académico do alumno/a.
*Observacións de avaliación:
A Memoria de Practicum, complementarase, se fose preciso, co suposto práctico e o conxunto de ambas supoñerá o 100% da puntuación.
Si o alumno/a ten a oportunidade de compartir a intervención psicopedagóxica virtual que se realice no centro, esta pode ser o obxecto da súa memoria de Practicum.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non hai
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías