Atendendo as Normas de Avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de Grao e Mestrado Universitario a materia aposta pola avaliación continua e as metodoloxías activas de aprendizaxe. Para superar a materia o alumnado deberá acadar un 5 na calificación global da mesma. e ter superadas cada unha das metodoloxías avaliables.
Polo tanto, o día marcado no calendario oficial non se realizará ningún exame, xa que a avaliación continua terá rematado ao finalizar a docencia da materia.
Para o alumnado que por motivos xustificados non poda asistir, se manterá o mesmo sistema de avaliación, polo que deberá estar pendente das actividades plantexadas e das datas de entrega das mesmas.
É obligatorio que o alumnado baixo esta modalidade o comunique nas dúas primeiras sesións do cuadrimestre mediante unha titoría coa docente. No caso de non facelo a calificación da materia na Primeira Oportunidade será de Non Presentado.
A convocatoria de Xullo estará destinada ao alumnado que ben no superase a materia ou ben que non se presentase
- No primeiro caso (alumnado que non superou a materia na convocatoria de Xuño), realizará novamente as actividades de avaliación continua que non aprobou.
- No segundo caso (alumnado non presentado) realizará todas as actividades de avaluación continua.
Nos dous casos é preciso entregar as actividades con data límite unha semana antes da data marcada para o exame no calendario oficial. Realizándose a proba obxectiva que supón un 40% da calificación total, na data oficial.
Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.
No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".