1. Modificacións nos contidos. Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías.
*Metodoloxías docentes que se manteñen. Sesión maxistral. – Discusión dirixida (computa na avaliación). – Traballos tutelados (con Atención personalizada) (computa na avaliación). – Atención personalizada.
*Metodoloxías docentes que se modifican. Proponse Actividades Interactivas para artellar un seguimento e asesoramento as aprendizaxes dos estudiantes. Empréganse as ferramentas de Moodle e Teams para implementar as diversas metodoloxías.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade. Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados. Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de “foros temáticos asociados aos módulos” da materia, para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica” para desenvolver as “Discusións dirixidas”, a través das que se se pon en práctica o desenvolvemento de contidos teóricos da materia.
4. Modificacións na avaliación
Estudio de casos: realizados a través de Moodle e presentados a través de Teams. 20% Análise de fontes documentais: Realizadas a través de Moodle e presentadas a través do Portafolio Dixital. 30% Actividades interactivas: realizadas en Moodle e presentadas a través do Portafolio Dixital. 30% Proba Mixta: Examen a través de Moodle. 20% *Observacións de avaliación: Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que: As referencias ao cómputo da asistencia, que só se realizará respecto das sesión que houbo presencial ate o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
1. SITUACIÓNS: A) Alumnado con dedicación completa: Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%). B) Alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, segundo establece a "NORMA QUE REGULA O RÉXIME DE DEDICACIÓN AO ESTUDO DOS ESTUDANTES DE GRAO NA UDC (Arts. 2.3; 3.b e 4.5) (29/5/212): Asistencia/participación nas actividades de clase mínima do 80%: a) Elaboración e presentación dos traballos de pequeno grupo (100%).
2. REQUISITOS PARA SUPERAR A MATERIA:
a. Asistir e participar regularmente nas actividades da clase.
b. Obter unha puntuación do 50% do peso de cada unha das partes obxecto de avaliación (traballos tutelados).
c. Entregar e expoñer os traballos tutelados na data que se indique.
d. A oportunidade de xullo estará sometida aos mesmos criterios que a de xuño.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo da maneira dixitalizada en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías