Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
3
Idioma
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Espido Bello, Xosefa Eva
Correo electrónico
eva.espido.bello@udc.es
Profesorado
Espido Bello, Xosefa Eva
Correo electrónico
eva.espido.bello@udc.es
Web
Descrición xeral
A materia "Organización e Autonomía dos Centros Escolares" impártese no 1º cuadrimestre.
Esta materia busca desenvolver no alumnado capacidades de análise, avaliación, interpretación, actuación e reflexión sobre a organización e a autonomía dos centros escolares. Pártese de que os centros son institucións complexas, reguladas por normas comúns, pero tamén dotados de características singulares que requiren da elaboración, desenvolvemento e seguimento de proxectos educativos propios. Isto fai que sexan espazos privilexiados para o desenvolvemento profesional e institucional, a práctica da democracia e o compromiso constante coa mellora da educación e coa equidade.
Con ela búscase comprender en que consiste a autonomía e que marxe de autonomía teñen en España e noutros países europeos os centros escolares. Así mesmo, preténdese reflexionar sobre o modelo de dirección máis axeitado para promovela, as súas implicacións para o funcionamento dos centros, a medida en que permite responder á diversidade do alumnado e favorecer o desenvolvemento profesional do profesorado e o compromiso co funcionamento democrático dos centros e coa equidade. O seu contido garda relación con boa parte das asignaturas do Mestrado.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
Todas, coas adaptacións necesarias (mencionadas no apartado de atención personalizada), no caso de que se precise pasar á docencia non presencial.
*Metodoloxías docentes que se modifican
Ningunha.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico: para consultas puntuais e para solicitar titorías virtuais.
- Moodle: para informar de novas, facilitar materiais, entregar tarefas e realizar probas.
- Teams: para as sesións maxistrais e debates, en grande grupo, e para as sesións de traballo, en pequenos grupos, nas franxas horarias asignadas á materia, co fin de promover a aprendizaxe colaborativa e o seguimento do traballo. Tamén se utilizará esta ferramenta para a realización das titorías individuais ou en pequeno grupo (previamente concertadas a través do correo electrónico).
4. Modificacións na avaliación
As probas realizaranse a través de Moodle. Empregarase Teams como ferramenta de apoio ao exame.
*Observacións de avaliación:
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. O alumnado deberá recoller en reprografía, ao comezo do cuadrimestre, o dosier de documentación elaborado para traballar a materia, adquirir os libros de lectura obrigatoria que se propoñan e descargar a lexislación que se indica no dosier e a bibliografía que se facilita a través de Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías