Máster Universitario en Dirección, Xestión e Innovación de Institucións Escolares
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
3
Idioma
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Lorenzo Castiñeiras, Juan J.
Correo electrónico
j.lorenzo.castineiras@udc.es
Profesorado
Lorenzo Castiñeiras, Juan J.
Correo electrónico
j.lorenzo.castineiras@udc.es
Web
Descrición xeral
Nesta materia, trátase a importancia dos informes de avaliación dos sistemas educativos e a súa interpretación, así como a análise de materiais curriculares. Reflexionaremos sobre modelos alternativos de ensino-aprendizaxe, así como sobre modelos e probas para avaliar a calidade dos sistemas educativos.
Estudiaremos o significado da inclusión educativa como unha forma de responder á diversidade que trascende a perspectiva individual na procura dunha resposta pedagóxica orientada á igualdade de oportunidades a través da implementación da xustiza curricular.
Os modelos teóricos que sustentan as prácticas psicopedagóxicas tradicionais son analizados e contrastados co modelo social de discapacidade, que considera as condicións políticas, sociais e educativas que sustentan as diversas interpretacións da acción psicopedagóxica.
En consecuencia, traballaranse as estratexias dunha práctica pedagóxica inclusiva e as súas repercusións nos distintos ámbitos da intervención psicopedagóxica
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Actividades iniciais.
- Presentación oral.
- Discusión dirixida.
- Seminario.
- Lecturas.
- Proba de ensaio.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Estudo de casos.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
– Correo electrónico: Diariamente. De uso pra facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos.
– Moodle: Diariamente. Segundo a necesidade do alumando. Dispoñen de foros temáticos para formular as consultas necesarias. Tamén hai “foros de actividade específica”.
– Teams: 1 sesión semanal en gran grupo para o avance dos contidos teóricos e dos traballos
na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
4. Modificacións na avaliación
100% da nota: A análise dun Libro de Texto, do curso e etapa que queira a persoa matriculada, pero que esté vixente, para así tamén poder comprobar o cumplimento dese material curricular coa legalidade vixente, o Real Decreto de contidos obrigatorios da Xunta de Galicia.
*Observacións de avaliación:
· Como axuda se ofrecen dous documentos: unha proposta de esquema para a análise, na que vai unha moi ampla bibliografía para axudar, e un libro de Pautas para a evaluación de materiais curriculares que promoveu o Ministerio de Educación e que é de libre circulación. Asimesmo, na Internet hai múltiples axudas, muitas delas aparecen na bibliografía ofertada, e que son accesíbeis. A maiores é también labor do alumnado, procurar otras posibeis bibliografías e textos que en aberto existen en Internet e que, ademais, garanten o exercicio da sua libertade de pensamento.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Sen modificacións
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías