-Non se admitirán traballos que o profesor non teña pactado previamente co alumno/a ou non teña constancia da sua realización. -As datas de entrega dos traballos son inamovibles, agás casos excepcionais. -Para
poder ser calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todolos
traballos esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará
como NON PRESENTADO/A. -Os traballos escritos presentaránse a
dobre cara, sen grapas e ben identificados (nome do alumno/alumna,
curso, grupo, materia e nome do profesor/profesora, e sempre que
conteñan referencias bibliográficas é imprescindible seguir as normas da
APA que se poden encontrar aloxadas, entre outras, na seguinte
dirección web: http://www.capitalemocional.com/apa.htm -Non
se recollerán traballos encadernados, con fundas de plástico, anillas
ou deseños similares. É aconsellable facer copia do orixinal que se
entregue e enviar por email unha copia ao profesor da materia - Titorías: Martes (16-19 h.) no despacho P0B7 (Telf. 981.167100, Ext. 4664). |