1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais
Descriptores
Ciclo
Período
Curso
Tipo
Créditos
Mestrado Oficial
1º cuadrimestre
Primeiro
Obrigatoria
4.5
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente
Presencial
Prerrequisitos
Departamento
Pedagoxía e Didáctica
Coordinación
Mendez Garcia, Rosa Maria
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
Profesorado
Mendez Garcia, Rosa Maria
Rego Agraso, Laura
Correo electrónico
rosa.mendez@udc.es
laura.rego@udc.es
Web
Descrición xeral
Esta materia pretende o desenvolvemento de capacidades que permitan ao alumnado configurar un marco integrador e interrelacional da súa práctica no ámbito do sistema educativo.
Didáctica, Currículo e Organización Escolar facilita a adquisición de coñecementos epistemolóxicos da Pedagoxía, da Didáctica e da Organización Escolar, así como o desenvolvemento de habilidades e destrezas dacordo cunha intervención informada e comprometida coa atención á diversidade.
Os principais temas e núcleos de coñecemento que se tratarán están orientados ao estudo da escola como organización, á reflexión sobre o concepto de currículo, e á análise do proceso de ensino-aprendizaxe desde a súa planificación, desenvolvemento e avaliación.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios nos contidos da materia
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
-Lecturas
-Portafolios do alumno/a (con atención personalizada e computa na avaliación)
-Sesión maxistral.
*Metodoloxías docentes que se modifican
-Proba mixta. Non se realizará e no seu lugar levarase a cabo unha “Proba de solución de problemas” que para o alumnado que cumpra cos criterios de asistencia da docencia presencial impartida ata o momento, será de carácter grupal. Para o alumnado non asistente, a devandita proba será de carácter individual.
3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado
- Correo electrónico. Diariamente para a resolución de dúbidas puntuais e, no caso de que o volume de correos así o requira, as consultas serán arquivadas e respondidas no horario de titorías establecido pola profesora. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados e do portafolios do alumno/a.
- Moodle. Repositorio de documentos de lectura (obrigatorios e adicionais). Publicación de indicacións para a realización do Portafolios do alumnado e a proba de Resolución de problemas. Publicación de cualificacións finais provisionais e definitivas. Poderán existir “Foros de actividade específica” ou “ Foros temáticos asociados aos módulos” no caso de ser preciso.
- Microsoft Teams. A profesora estará dispoñible a través de Teams nos horarios oficialmente destinados á materia, tanto para a realización de actividades docentes como de titorías. Tamén se desenvolverán sesións de titoría de acordo aos horarios oficiais e opcionalmente a petición do alumnado en función das súas posibilidades de conectividade, así como sesións de revisión de traballos e cualificacións finais.
4. Modificacións na avaliación
Portafolios do alumnado (70%): Mantense esta metodoloxía nas mesmas condicións que se establecen na guía docente da materia.
Solución de problemas (30%): Para o alumnado que cumpre cos criterios de asistencia ás actividades presenciais realizadas ata o momento, a proba será de carácter grupal. No caso do alumnado que non cumpra con dita asistencia, a proba será de carácter individual.
Na mañá da data oficial fixada para a realización do exame da materia publicaranse na Moodle as características dun caso a analizar con base nunha serie de preguntas orientativas. A análise do caso implicará dar un tratamento global aos contidos abordados na materia. O alumnado disporá até o final dese día para resolver individualmente o problema e entregalo pola Moodle a través dunha tarefa que se abrirá para este fin. O documento debe ser realizado con letra de imprenta e poderá entregarse tanto nun formato de arquivo de texto (.doc, ,docx, rtf, etc.) ou en .pdf. No caso de que o alumnado non teña as condicións necesarias para cumprir co requisito anterior, deberá comunicalo ás docentes o antes posible para poder realizar os axustes oportunos.
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás que o cómputo da asistencia, só se realizará respecto das sesión que houbo presenciais ata o momento no que se suspendeu a actividade presencial.
Para superar a materia será preciso aprobar as dúas partes que compoñen a avaliación (portafolios e proba de solución de problemas).
Na segunda oportunidade de avaliación a proba de solución de problemas será de carácter individual para todo o alumnado que teña que facer uso dela.
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Todos os documentos de uso obrigatorio da materia estarán dixitalizados en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías