ALUMNADO ASISTENTE
Para que os estudantes podan ser avaliados segundo a planificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesións interactivas, do 80%.
Para superar a materia é obrigatorio aprobar todas as metodoloxías avaliables:
- Na proba mixta é preciso ter a lo menos o 50% de cada unha das dúas partes
- No portafolios grupal tamén é necesario acadar como mínimo o 50% da calificación otorgado. No portafolios, a avaliación pode ser diferente para cada integrante do grupo xa que estará supeditada ao grao de implicación amosado por cada persoa.
- Na Simulación é obrigatorio acadar polo menos o 50% da calificación. Deberán participar todos/as os/as integrantes do grupo para poder ser avaliados/as.
No caso de non aprobar unha das metodoloxías, a cualificación final da materia será como máximo de 4 puntos.
ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL (DISPENSA ACADÉMICA)
O alumnado que teña recoñecida a dispensa de asistencia pola Comisión Académica do título poderá acollerse á modalidade de avaliación continua ou optar por asistir ao exame final cunha cualificación (calificación do 100% da nota).
ALUMNADO NON ASISTENTEO ALUMNADO QUE ASISTA A MENOS DUN 80% DAS SESIÓNS INTERACTIVAS, deberá realizar un exame de carácter teórico-práctico que será o 100% da cualificación final. É preciso ter superadas as diferentes partes que compoñan o mesmo.
A segunda oportunidade estará sometida aos mesmos criterios de avaliación que a primeira oportunidade.
Enténdese que o alumnado universitario ten asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita. Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.
No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".