Guía DocenteCurso Facultade de Ciencias da Educación |
1 Mestrado Universitario de Profesorado de Educación Secundaria: Ciencias Experimentais |
Asignaturas |
Didáctica das ciencias experimentais |
Avaliación |
Datos Identificativos | 2021/22 | |||||||||||||
Asignatura | Didáctica das ciencias experimentais | Código | 652601121 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Mestrado Oficial | Anual |
Primeiro | Obrigatoria | 3 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias / Resultados | Descrición | Cualificación |
Traballos tutelados | A27 C1 C6 C8 | Metodoloxía que pretende o traballo autónomo dos estudantes a nivel individual e tamén grupal, de xeito que o grupo "actúe" como unha "comunidade que constrúe o seu propio coñecemento", realizando actividades e traballos dentro e fora da aula. A súa realización é obrigatoria e para superala necesítase acadar o 50% da cualificación indicada. |
40 |
Presentación oral | C1 | Os grupos de traballo elaborarán e exporán, coa axuda das TIC, un tema a elixir entre os propostos polo docente, que lles orientará tanto nos aspectos básicos a tratar como na procura, selección e tratamento da información. A súa realización é obrigatoria e valorarase a presentación e a fundamentación das achegas que se propoñan en relación á temática tratada. | 20 |
Proba mixta | A19 A21 A24 A27 C1 | Realizarase obrigatoriamente unha proba escrita de tipo mixto, con preguntas abertas de semidesenvolvemeto e/ou de resposta breve para valorar os coñecementos acadados e a capacidade de análise, sobre os contidos da materia. Para superala é necesario acadar o 50% da cualificación indicada. | 40 |
Observacións avaliación | |||
Na primeira oportunidade avaliaranse as actividades e traballos realizados durante o curso e a proba escrita. A cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo É requisito imprescindible unha asistencia mínima do 80% de asistencia ás sesión presenciais. No caso de non alcanzarse dito porcentaxe as actividades/traballos non serán avaliados e a cualificación será de non presentado. Na segunda oportunidade o alumnado que asistíu cando menos ao 80% das sesións deberá repetir as partes non superadas (actividades/traballos e/ou proba escrita. Os estudantes que non alcanzaran a porcentaxe de asistencia esixida ás sesións presenciais deberán presentar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ó longo do curso. En calquera caso casos, a cualificación será a media ponderada das notas obtidas en cada parte, debendo obter en cada unha delas un aprobado (5 sobre 10). Os estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia deberán poñelo en coñecemento do profesor a primeira semana de clase. Na primeira oportunidade, ademáis da proba escrita, terán que realizar, individualmente, todas as actividades/traballos propostos ao longo do curso e entregalos nas datas que estableza a profesora. A cualificación será a media ponderada das notas das actividades e traballos realizados durante o curso e da nota da proba escrita, debendo obter en cada unha das partes un aprobado (5 sobre 10). Na segunda oportunidade, deberán repetir as partes non superadas (actividades/traballos e/ou proba escrita.). |
|