Contidos de Tecnoloxía obxecto de ensinanza e aprendizaxe na Educación Secundaria Obrigatoria. Contextos e situacións da contorna axeitados para a aplicación dos contidos curriculares da Tecnoloxía.
Plan de continxencia
1. Modificacións nos contidos
Non se realizarán cambios.
2. Metodoloxías
*Metodoloxías docentes que se manteñen
- Prácticas a través de TIC, pero usando só ferramentas de simulación por ordenador.
*Metodoloxías docentes que se modifican
- Sesión maxistral (usarase unha metodoloxía invertida para que o estudantado revise o material dispoñible en Moodle antes das sesións para logo debatelo por Teams durante as mesmas e resolver as dúbidas e consultas que poideran xurdir, sempre na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade).
- Proba mixta (non se realizará, xa que a avaliación correspondente se incorpora á metodoloxía dos “Traballos tutelados”).
- Traballos tutelados (haberá traballos de avaliación continua e un traballo final cunha defensa oral realizada a través de Teams, sempre na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade).
- Aprendizaxe e servizo (non se ofertará se as condicións sanitarias non o aconsellan; esta metodoloxía sería substituída neste caso polas metodoloxías de "presentación oral"+"traballo tutelado final", cun peso na avaliación do 50%).
- Presentación oral (non se realizará na aula de clase; os/as estudantes enviarán un vídeo sobre o traballo tutelado final realizado e a defensa será a través de Teams).
3. Mecanismos de atención personalizada ao estudantado
- Correo electrónico, foros de Moodle e Teams: Diariamente. De uso para facer consultas, solicitar encontros virtuais para resolver dúbidas e facer o seguimento dos traballos tutelados.
- Teams: sesións en gran grupo para o seguimento e avance dos contidos teóricos e dos traballos tutelados na franxa horaria que ten asignada a materia no calendario de aulas da facultade.
4. Modificacións na avaliación
- Traballos tutelados (90%): traballos tutelados de avaliación continua (40% da calificación) e traballo tutelado final, que inclúe unha defensa oral do mesmo (50% da calificación, na que o 30% corresponde á presentación oral e o 20% restante ao traballo realizado).
- Prácticas a través de TIC (10%).
*Observacións de avaliación:
Mantéñense as mesmas que figuran na guía docente, agás as referencias ao cómputo de asistencia, xa que só se fará respecto das sesións presenciais ata o momento da suspensión da actividade docente presencial.
Requisitos para superar a materia:
- Asistencia mínima do 80%, coa indicación anterior.
- Obter unha puntuación do 50% entre todas as actividades obxecto de avaliación (traballos tutelados e prácticas a través de TIC), non existindo mínimos en ningunha delas.
- A segunda oportunidade terá os memos criterios que a primeira (non haberá proba final e só poderá entregarse de novo o traballo tuelado final).
5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía
Non se realizarán cambios. Xa dispoñen de todos os materiais de traballo dixitalizados en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica
da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do
órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías