Supervised projects |
A4 A17 A18 A19 A20 A21 A25 A27 A28 A32 A33 A35 C1 C3 C8 |
Realizarase un traballo de aplicación dos contidos desenvolvidos en clase. Nel deberá programarse e xustificarse unha proposta docente na que se desenvolvan aspectos concretos do currículo de Educación Física, segundo os principios vistos en clase. O traballo realizarase preferentemente de forma grupal.
O preofesorado especificará con antelación os requisitos formais de presentación dos traballos. O cumprimento dos devanditos requisitos é imprescindible para que os traballos sexan aceptados.
Poderase solicitar aos grupos a realización dunha presentación oral do traballo, que computará de forma integrada dentro deste ítem de avaliación.
|
60 |
Primeira oportunidade: Para acceder á avaliación descrita anteriormente, será obrigatoria a participación no 80% das horas presenciais da materia. É necesario superar unha puntuación mínima nos distintos apartados da avaliación para que fagan media entre eles. Segunda oportunidade: Ao alumnado que participou nun80% das horas presenciais na primeira oportunidade, conservaránselle as cualificacións que alcanzasen a puntuación mínima sinalada polo profesorado. Terá que repetir as partes da avaliación nas que non alcanzase ese mínimo. Poderase solicitar ao alumnado que realice as probas de forma individual.
O alumnado que non participe no 80% das horas presenciais da materia (xa sexan alumnado a tempo parcial, con dispensa académica de exención de asistencia ou por outros motivos), ten á súa disposición un modelo de avaliación alternativo, que será o mesmo para ambas oportunidades: traballo tutelado (100%) ou exame (100%), entregado na data marcada oficialmente pola Universidade da Coruña e no que se deberá demostrar o dominio dos contidos da materia. O profesorado da materia poderá solicitar a realización dunha presentación oral do traballo, que computará de forma integrada dentro deste ítem de avaliación. En ambas oportunidades a realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na convocatoria correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida no resto das actividades de avaliación.
|