Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
5 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Formación e Orientación Laboral
 Asignaturas
  Formación profesional e mercado laboral
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A18 A34 C6 O alumnado elaborará un itinerario formativo e laboral basándose nun caso práctico, no que terá que incorporar as aprendizaxes adquiridas ao longo dos exercicios realizados na clase, entre os que se atopana a perspectiva de xénero e o estudo do mercado laboral 30
Portafolios do alumno A16 A17 A18 A31 A34 C3 C4 C7 O portafolio estará formado polos traballos realizados na clase e que están relacionados co estudo de caso, así como un informe final das aprendizaxes adquiridas no que se reflictirá: Aprendizaxes adquiridas na materia (que sabía /que aprendín/ en que seguir formándome); Relación/vinculación das aprendizaxes realizadas coas distintas materias cursadas no máster; Aspectos da materia para observar no Practicum; Reflexións sobre o traballo en grupo (estudo de caso) e aprendizaxes realizadas, avaliando o funcionamento do grupo e aos seus participantes; Reflexións sobre a materia e aspectos a mellorar 30
Proba de ensaio A16 A17 A18 A29 C4 C7 O alumnado desenvolverá un ensaio a partir dunha pregunta realizada 40
 
Observacións avaliación
ASISTENCIA
A asistencia ás sesións presenciais ou virtuais é obrigatoria.

A asistencia xustifícase en base a que as clases son moi interactivas e se traballan aspectos procedimentais e actitudinais que son necesarios para aprobar a materia, polo tanto, nesta materia non procederá a dispensa de asistencia no alumnado con matrícula a tempo parcial.

Aquelas persoas con matrícula a tempo parcial solicitarán unha titoría, antes do inicio da materia, co obxecto de establecer o réxime de asistencia (que será como mínimo, o 50% das clases, e a súa non consecución impedirá a superación da materia), as actividades a realizar, o sistema de avaliación, e o proceso de supervisión e seguimento.

O alumnado con asistencia regular, que non acuda a unha clase na que se realice algunha actividade, terá que facela individualmente e entregala no prazo indicado na clase. O alumnado que non asistan ó 80% das horas de clase terá unha cualificación de non presentado. O alumnado que non presente todos os traballos da materia terá unha cualificación de non presentado. Na oportunidade de xullo, o alumnado realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula.

No caso de desenvolver as clases de forma virtual a través de Teams, a asistencia obrigatoria se manterá.

REQUIRIMENTOS PARA APROBAR A MATERIA

A cualificación final será o resultado da puntuación obtida no portafolio do alumnado, sendo indispensable obter a metade da cualificación para superar a materia. Se un/ha alumno/a non acada o 80% da asistencia e/ou non presenta o portafolio, terá unha cualificación de non presentado. Na oportunidade de xullo realizará un exame teórico sobre os contidos tratados na aula.
Será primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía, acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames realizados como condición imprescindible para superar a materia.

PLAXIO: O plaxio en calquera das actividades realizadas durante a materia, incluído o portafolio, será motivo de suspenso. No relativo á realización fraudulenta (plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".

FALSIFICACIÓN DUNHA FIRMA: Asinar na folla de asistencia por un/unha compañeira ou compañeiro ausente será penalizado coa perda de avaliación continua.

NORMATIVA ACADÉMICA DE AVALIACIÓNS, CUALIFICACIÓNS E RECLAMACIÓNS https://www.udc.es/export/sites/udc/normativa/_galeria_down/academica/Normas_avaliacion_revision_reclamacion_consolidado_l.pdf

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes