Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
9 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Música
 Asignaturas
  Deseño e Desenvolvemento Curricular na Educación Musical: os Fins e os Contidos do Curriculum
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Análise de fontes documentais A17 A18 A19 A24 A26 A28 Técnica metodolóxica que supón o emprego de documentos audiovisuais e/ou bibliográficos (fragmentos de reportaxes documentais ou películas, noticias de actualidade, paneis gráficos, fotografías, biografías, artígos, textos lexislativos, etc.) relevantes para a temática da materia con actividades específicamente deseñadas para o análise dos mesmos. Pódese empregar como introdución xeral a un tema, como instrumento de aplicación do estudo de casos, para a explicación de procesos que non se poden observar directamente, para a presentación de situacións complexas ou como síntese de contidos de carácter teórico ou práctico. 20
Traballos tutelados A21 A25 C3 C8 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos e profesionais). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de “cómo facer as cousas”. Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade polo seu propio aprendizaxe.
Este sistema de ensino basease en dous elementos básicos: a aprendizaxe independente dos estudantes e o seguimento desa aprendizaxe polo profesor-titor.
30
Aprendizaxe colaborativa A15 A16 A17 A18 A19 A20 A21 A22 C4 C6 C7 Conxunto de procedementos de ensino-aprendizaxe guiados de forma presencial e/ou apoiados con tecnoloxías da información e as comunicación, que se basean na organización da clase en pequenos grupos nos que o alumnado traballa conxuntamente na resolución de tarefas asignadas polo profesorado para optimizar a súa propia aprendizaxe e a dos outros membros do grupo. 25
Presentación oral C1 C2 C3 Intervención inherente aos procesos de ensino-aprendizaxe baseada na exposición verbal a través da cal o alumnado e o profesorado interactúan dun modo ordenado, propoñendo cuestións, facendo aclaracións e expoñendo temas, traballos, conceptos, feitos ou principios de forma dinámica. 25
 
Observacións avaliación

Para superar a asignatura é necesario aprobar cada un
dos apartados anteriores. No caso contrario non se fai media.
A asistencia ás clases presenciais é obrigatoria. O alumnado, individualmente ou en pequeno grupo (como máximo 2/3 alumnos/as) entregará, unha vez rematadas as clases presenciais, o traballo realizado.Se o estudante non chega a unha asistencia do 80% das clases presenciais; deberá ser avaliado, ademáis de polo mesmo que todo o alumnado, por unha proba individual. Neste caso, a avaliación será un 60% e o traballo terá unha ponderación do 40%, esixíndose en cada unha delas unha nota igual ou superior a 5 sobre 10.



















Como
consideración xeral, terase especialmente en conta, tanto nos exames como nos
traballos, as deficiencias ortográficas de puntuación e acentuación, así como
unha redacción inconexa ou inadecuada, deficiente presentación, excesivo número
de tachaduras, etc. Todo elo suporá a redución de puntos sobre a nota obtida.

No caso
no que o profesorado detecte realización fraudulenta (plaxio) das probas de
avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no artigo 14.4. Normas de
avaliación, revisión e reclamación das cualificacións dos estudos de grao e
mestrado universitario: "Na realización de traballos, o plaxio e a
utilización de material non orixinal, incluído aquel obtido a través da
internet sen indicación expresa da súa procedencia e, se é o caso, ou permiso
do seu autor/a, poderá ser considerada causa de cualificación de suspenso na
actividade. Todo iso sen perxuízo das responsabilidades disciplinarias ás que
puidese haber lugar tras o correspondente procedemento".
Nesta
materia, se algún dos docentes detecta plaxio nalgún traballo, suporá un 0 na
cualificación. No caso de reiteración, darase traslado á Comisión Académica
para a toma de medidas oportunas.

Farase
especial fincapé no cuidado do medio ambiente en pro dunha educación e
sociedade sostible. Os traballos serán enviados exclusivamente telemáticamente,
e de non ser posible, nos documentos impresos non se empregarán plásticos,
elixirase a impresión a dobre cara e papel reciclado, evitando imprimir
borradores.

Débese
facer un uso sustentábel dos recursos e a prevención de impactos negativos
sobre o medio natural. Débese ter en conta a importancia dos principios éticos
relacionados cos valores da sustentabilidade nos comportamentos persoais e
profesionais. Para elo, sempre que sexa posible na elaboración dos traballos
empregarase material de reciclaxe e evitarase o emprego de materiais de
plástico na entrega dos mesmos.

Evitaráse
a discriminación por razón de xénero e proporanse accións e medidas para
corrixilas. Usarase linguaxe non sexista.

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes