Guía DocenteCurso
Facultade de Ciencias da Educación
  Inicio | galego | castellano | english | A A |  
8 Mestrado Universitario en Profesorado de Educación Secundaria: Artes Plásticas e Visuais
 Asignaturas
  Función titorial e orientación académica
   Avaliación
Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Simulación A7 A12 A34 C1 C3 C4 C7 Consistirá na presentación do traballo suxerido mediante un xogo de rol. 20
Portafolios do alumno A5 A7 A9 A10 A26 C1 C3 C4 C7 No que se recollerá a actividade realizada, a súa avaliación; así coma as reflexións xeradas no grupo. Ademáis cada estudante deberá facer unha avaliación individual da materia e o traballo realizado nela. 40
Proba mixta A5 A7 A9 A10 A30 A34 A37 Que constará de preguntas tipo test de resposta múltiple (o 40% da cualificación da proba) e preguntas de desenvovemento con resposta breve (60% da proba). 40
 
Observacións avaliación

ALUMNADO ASISTENTE

Para que os estudantes podan ser avaliados
segundo a planificación anterior, deben ter unha asistencia ás sesións
interactivas, do 80%.

Para superar a materia é obrigatorio
aprobar todas as metodoloxías avaliables:

  1. Na proba mixta é preciso ter a lo menos o 50% de cada
    unha das dúas partes
  2. No portafolios grupal tamén é necesario acadar como
    mínimo o 50% da calificación otorgado. No portafolios, a avaliación pode ser
    diferente para cada integrante do grupo xa que estará supeditada ao grao de
    implicación amosado por cada persoa.
  3. Na Simulación é obrigatorio acadar polo menos o 50% da
    calificación. Deberán participar todos/as os/as integrantes do grupo para poder
    ser avaliados/as.

No caso de non aprobar unha das
metodoloxías, a cualificación final da materia será como máximo de 4 puntos.

ALUMNADO CON MATRÍCULA A TEMPO PARCIAL
(DISPENSA ACADÉMICA)

O alumnado que teña recoñecida a dispensa
de asistencia pola Comisión Académica do título poderá acollerse á modalidade
de avaliación continua ou optar por asistir ao exame final cunha cualificación
(calificación do 100% da nota).

 

ALUMNADO NON ASISTENTE

O ALUMNADO QUE ASISTA A MENOS DUN 80% DAS
SESIÓNS INTERACTIVAS, deberá realizar un exame de carácter teórico-práctico que
será o 100% da cualificación final. É preciso ter superadas as diferentes
partes que compoñan o mesmo.

A segunda oportunidade estará sometida aos
mesmos criterios de avaliación que a primeira oportunidade.

Enténdese que o alumnado universitario ten
asumidas as capacidades lingüísticas en relación á expresión oral e escrita.
Por tanto, é primordial e obrigatorio a corrección ortográfica (ortografía,
acentuación e puntuación), gramatical e léxica nos traballos e exames
realizados como condición imprescindible para superar a materia.

No relativo á realización fraudulenta
(plaxio) das probas de avaliación, a cualificación axustarase ao establecido no
artigo 14. 4. Normas de avaliación, revisión e reclamación das cualificacións
dos estudos de grao e mestrado universitario: "Na realización de
traballos, o plaxio e a utilización de material non orixinal, incluído aquel
obtido a través da internet, sen indicación expresa da súa procedencia e, se é
ou caso, ou permiso do seu autor/a, poderá ser considerada causa de
cualificación de suspenso na actividade. Todo iso sen prexuízo das
responsabilidades disciplinarias ás que puidese haber lugar tras o
correspondente procedemento".

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes