Teaching GuideTerm
Faculty of Educational Studies
  Home | galego | castellano | english | A A |  
Grao en Educación Infantil
 Subjects
  Theory of Education
   Assessment
Methodologies Competencies Description Qualification
Supervised projects A20 B4 B9 B10 B12 B14 B16 B18 B22 B24 B1 B2 C7 C8 C1 Tendo como referencia os contidos das sesións expositivas e a bibliografía da materia, e coas orientacións que a profesora estime oportunas, realizarase actividades que irán acompañando o desenvolvemento dos contidos. Buscan afianzar as aprendizaxes, a través de actividades de diversa índole: probas obxectivas, de resposta breve, participación en foros, etc. 10
Oral presentation A20 B7 B9 B10 B16 B23 B1 C7 C8 C1 C2 C7 A valoración do traballo presentado terá carácter grupal. Será por elo preciso que cada grupo estableza unhas normas de autorregulamento mínimas que faciliten a dinámica de traballo en tódolos casos.
Valorarase: a orde na exposición; a claridade e corrección lingüística; a capacidade de síntese das ideas fundamentais; o nivel de profundidade na abordaxe da temática que amose a súa comprensión; a linguaxe non verbal e utilización do espazo; a creatividade (presentación suxestiva, motivadora, dinamizadora da participación das/os compañeiros/as...); o uso de recursos...
10
Student portfolio A5 B4 B9 B10 B12 B14 B1 B2 C8 C1 Portafolio vitual de carácter grupal composto polas actividades propostas no Moodle asociadas a cada un dos temas, no que se recollerán os rexistros e/ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas polo alumnado. Ao finalizar cada tema inclúese una actividade de valoración do proceso de aprendizaxe.
Valorarase a capacidade reflexiva en relación á propia aprendizaxe; a evolución da aprendizaxe reflectida nas prácticas recollidas en relación ao grao de profundidade do contido; a capacidade para establecer sinerxías; o tratamento dunha linguaxe propia do contexto disciplinar; a utilización de fontes documentais complementarias e actuais; a presentación; entre outros.
A entrega de cada una das seccións do portafolio virá marcada polo desenvolvemento dos contidos da materia, dado que son actividades dirixidas a acompañar o proceso de aprendizaxe.
20
Mixed objective/subjective test A1 A4 A6 A13 A19 A27 A28 A31 C2 C1 Pretende determinar os logros do alumnado en termos obxectivos. Componse dunha primeira parte de preguntas de resposta pechada (asociación, resposta múltiple, etc.) ou breve (completar, resposta breve); e unha segunda parte de resposta tipo ensaio. Na pregunta de ensaio, procúrase avaliar de xeito directo a capacidade de análise, a expresión e a organización de ideas relativas aos contidos da materia.
Valorarase a rigorosidade da resposta, combinada coa capacidade de razoamento (argumentación, relación entre ideas, comparación...), creatividade e espírito crítico. Implica un estudo amplo e profundo dos contidos, sen perder de vista o conxunto das ideas e as súas relacións.
A súa realización terá lugar na data oficial establecida para o exame da materia.
40
Critical bibliographical A10 A13 A19 A22 A27 A28 A31 B4 B9 B10 B1 B2 C2 Traballo grupal de lectura e análise dunha obra. Valórase a análise do seu contido, a capacidade de reflexión crítica, a capacidade de relación con outros documentos de igual ou parecida natureza, a construción de discurso e expresión de ideas fundamentadas. 20
 
Assessment comments

1.- Para poder ser
calificado/a e avaliado/a é necesario ter entregado todos os traballos
esixidos. De faltar algunha das partes, o alumno/a figurará como NON
PRESENTADO/A ao non poder ser avaliado na totalidade das propostas de
aprendizaxe.

2.- Para superar a materia é imprescindible ter acadado un mínimo de 25 sobre 50 nas probas individuais (proba mixta e traballos tutelados) e de 25 sobre 50 nos traballos en grupo (recensión, presentación e portafolio). En caso contrario, a cualificación
será de suspenso. Gardaranse as partes aprobadas durante a convocatoria anual.

3.- A asistencia e participación activa e esixente nas dinámicas
de aula serán consideradas de forma positiva no proceso de avaliación.

4.- Calquera circunstancia persoal que poida alterar o seguimento
da materia por parte do alumnado deberá ser comunicada ao inicio do curso
para a súa oportuna e axeitada consideración. Para o alumnado que, por razóns debidamente acreditadas,
non poida ter unha asistencia sistemática e o faga a tempo parcial,
establécense criterios de avaliación adecuados, en cada caso, ás súas
circunstancias, garantindo a igualdade de oportunidades. Criterios de
avaliación:

- Recensión e exposición oral dun dos libros da bibliografía
básica, que deberá ser acordado coa profesora a inicios de curso para a
convocatoria de xaneiro, e a inicios do segundo cuadrimestre para a
convocatoria de xullo (30%). 

- Proba mixta (70%).

As pautas e criterios de avaliación están recollidas no Documento
de Actividades de Avaliación
colgado no Moodle.

5.- Para acollerse á modalidade presencial, cómpre ter
unha asistencia mínima do 80%. 

Universidade da Coruña - Rúa Maestranza 9, 15001 A Coruña - Tel. +34 981 16 70 00  Soporte Guías Docentes